O Arquivo Histórico e Biblioteca Municipal de Baiona Sancti Spiritus acollerá o vindeiro venres 2 de febreiro ás 20:00

adminON
Lectura mínima de 2

“O Faladoiro de Baiona no 25 Aniversario de Torrente Ballester”

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona á fronte de Policarpo Vilar Misa organiza un acto para conmenorara o 25 aniversario da morte de D. Gonzalo Torrebte Ballester.

O o Arquivo Histórico e Biblioteca Municipal de Baiona Sancti Spiritus acollerá o vindeiro venres 2 de febreiro ás 20:00 “O Faladoiro de Baiona no 25 Aniversario de Torrente Ballester”.

Desde “A Romana”, a súa residencia de vacacións na Ramallosa, foi entrevistado polo xornalista Víctor Iglesias Viqueira.
Este primeiro encontro, no verán de 1980, prendío unha faísca de complidad entre ambos e marcará o inicio dunha amizade que se fraguará entre cafés, cervexa, petiscos de tortilla e olivas, na primeira planta da cafetería Monterrey, en Baiona. Alí empezaron a atoparse case a diario inaugurando un faladoiro informal á que progresivamente e durante anos fóronse sumando outras persoas, como o escritor Carlos Casares ou o tamén pintor Manuel Prego Oliver.
Neste ocasión, a Concellería de Cultura conseguiu reunir para a efeméride ao xornalista Víctor Iglesias Viqueira; a Gustavo Garrido en representación da Fundación Carlos Casares e a Antonio Jesús Gil Profesor Titular de Teoría da Literatura e Literatura compara da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago, para revivir aquel faladoiro do Monterrey, como homenaxe a D. Gonzalo Torrente Ballester.

Comparte este artigo