HomeBaixo MiñoA GuardaO pallaso Rogelio ofrece un espectáculo familiar para o próximo mércores

O pallaso Rogelio ofrece un espectáculo familiar para o próximo mércores

- Anuncio -spot_img
  • Con “Rogelio III. La Fête” remata o ciclo de Cultura no Camiño que trouxo espectáculos de danza e de humor á Guarda

Chega á súa fin o programa de Cultura no Camiño co espectáculo “Rogelio III. La Fête” para este próximo mércores 13 de agosto ás 20:30h no auditorio de San Benito.

Trátase dun espectáculo de circo, clown, corda frouxa, malabares, música e sobre todo, moito humor. Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta é a terceira entrega dunha triloxía.

Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén te cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo?

Dirixida a un público familiar, está asegurado un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio.

Deste xeito, remata o ciclo de Cultura no Camiño que iniciou coa festa e acrobacias de “Hoxe sí” e continuou co espectáculo de danza “O que non se ve” de Et Suseia Danza.

Publicacións Relacionadas