HomePontevedraO SalnésO Partido Socialista de Vilagarcía renova por unanimidade á súa dirección, que...

O Partido Socialista de Vilagarcía renova por unanimidade á súa dirección, que mantén a Secretaría Xeral para Julio Torrado

- Anuncio -spot_img

A nova dirección renovase parcialmente pero mantén un ton continuísta, rebaixando lixeiramente a idade media, e Gabriel González continuará sendo o Secretario de Organización con Sonia Outón como Vicesecretaria Xeral.

A proposta aprobada recupera, máis de dúas décadas despois, a figura honorífica da Presidencia que recae sobre un aclamado Juan Antonio Pérez Callón.

A agrupación socialista de Vilagarcía celebrou a súa asamblea extraordinaria de renovación da dirección local este venres día 6, nunha xuntanza con moita afluencia da militancia local.

A elección de nova dirección local non presentou reales sorpresas, pois soamente foi presentada unha candidatura que encabezaba como Secretario Xeral Julio Torrado, revalidando así a responsabilidade que viña exercendo dende hai 3 anos. Torrado e o seu equipo convértense así nunha dirección de candidatura unitaria nas dúas ocasións sucesivas en que se presentaron ante a agrupación, un feito que non sucedía dende o século pasado. Torrado valorou este feito como “un exemplo da enorme capacidade que ten a agrupación local de interpretar os momentos políticos. Vivimos tempos convulsos, e a necesidade de conquerir que as nosas percepcións sexan complementarias entre sí para manternos unidos fronte ás grandes ameazas sociais amosa, claramente, que esta militancia está á altura do que Vilagarcía necesita”. Torrado asumiu que “se acaso, esto introduce maior dose de responsabilidade á hora de exercer a labor”.

A asamblea foi moi participada pola militancia, e existiron diversas voces que alertaron do escenario de polarización social que se traslada, no que a política ten un papel fundamental tamén na solución. “Debemos ser comprensivos coa tensión da cidadanía, e tamén firmes na defensa dos principios máis básicos de convivencia. Vilagarcía pode e debe ser un exemplo”, apuntou Torrado. A súa intervención deixou claro que “a referencia política do socialismo desta vila é o goberno local e o noso Alcalde Alberto Varela, nós estamos para apoiar e axudar”, e non dubidou en lanzar un dardo aos rivais:
“Se isto fose a sede do PP, se cadra había máis candidatos a xefes que militantes. Aínda que eu non sei se no PP escollen algo en Vilagarcía ou ven todo teledirixido dende outros lugares”.

Sobre o goberno municipal, o xa escollido Secretario Xeral apuntou que “están a facer un enorme traballo ante unha oposición que en vez de pensar en Vilagarcía pensa en disputas estériles de partidos. Pídolle a todos, e especialmente ao PP, que entre ser mandados dos seus partidos e defender a Vilagarcía, escollan Vilagarcía”.

Na elección da nova comisión executiva, que mantén a labor de secretario de organización para Gabriel González e a Vicesecretaría xeral para Sonia Outón, acolleuse un especial momento para a aclamación de Juan Antonio Pérez Callón, proposto como Presidente da agrupación. A Presidencia é, na estrutura socialista, un cargo honorífico que facía máis de 20 anos que non existía nas direccións locais. A proposta da nova executiva de incorporar a Pérez Callón como Presidente foi acollida con calor pola militancia que recoñeceu a súa impecable traxectoria persoal e política vinculada á agrupación local de Vilagarcía.

A culminación da asamblea púxoa o Secretario Xeral electo ao sinalar a seguinte cita electoral: “En 2027, Vilagarcía vai precisar continuar un proxecto solvente para unha cidade puxante. O noso reto é revalidar o goberno local, con máis forza se cabe, e para iso precisamos traballar, traballar e traballar. Non teño ningunha dúbida en que así sucederá e Vilagarcía seguirá crecendo como o está a facer”.

Publicacións Relacionadas