Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

- Anuncio -

O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri

O Pleno do concello de Cerdedo-Cotobade aprobou por unanimidade a moción do BNG que reclamaba que o pavillón de Carballedo pasase a denominarse “Xosé Luís Bouzas Ambroa, O Rubio”, en recoñecemento ao papel tanto promoción do deporte, como da igualdade entre homes e mulleres.

O Concello, tal e como figuraba na moción aprobada comprométese a organizar unhas xornada deportivas e divulgadoras do traballo e da fonda pegada que deixou o noso veciño na historia local.

Pior sorte correu a moción urxente pola que se pedía a mellora das redes de abastecemento eléctrico, despois das constantes e reiteradas caídas que padece o noso concello, e que en datas recentes mesmo deixou sen electricidade nin calefacción á escola infantil.
Neste punto o PP votou en contra de reclamarlle á empresa distribuidora a mellora das instalacións e subministro eléctrico ao CEIP e á escola infantil de Tenorio, así como de realizar un estudo sobre as necesidades de mellora das infraestruturas de subministración eléctrica, identificar as principais carencias da rede e demandar da compañía distribuidora a mellora dainfraestruturas de abastecemento, de xeito que se eviten os contínuos cortes de luz que se producen en Cerdedo-Cotobade.

A terceira moción presentada por urxencia polo BNG facía referencia ao rexeitamento do macrocomplexo industrial contaminante de Altri, non foi sequera debatida polo pleno ao negarse o alcalde a aprobar a urxencia, nunha clara actitude de obediencia submisa aos ditados do PP que, desde a Xunta, en vez de exercer de goberno galego está facendo de axente comercial de Altri, mesmo con cambios na normativa do solo, ambiental ou de ordenación do territorio feitas a medida dun proxecto empresarial que é unha verdadeira bomba no corazón de Galiza

Relacionadas

O concello de Bueu organizará as II Xornadas de Exaltación do Polbo que se...

0
Os locais hostaleiros interesados en participar poderán inscribirse antes do 1 de marzo de forma presencial, por correo electrónico ou teléfonoSilvia Carballo, concelleira de...

Novos cursos Celga no concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas informa da nova convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos Celga 2, Celga 3 e Celga...

Rafa Domínguez avanza que as xestións coas clarisas para manter o patrimonio histórico, artístico...

0
“Lores fixo un mal negocio, unha pésima xestión cuxa consecuencia está a ser  o traslado a Santiago do retablo do convento de Santa Clara,...

0
O deputado de Dinamización do Medio Rural participa na visita da oficina itinerante do programa AceleraPyme a Maceda O deputado de Reto Demográfico e Dinamización...

O PP esixe solucións urxentes para a rede de sumidoiro e o abastecemento de...

0
• Otero solicita crear “un abastecemento municipal complementario e non que o Concello asuma a xestión do sistema actual de traídas veciñais, como pretende...

A Deputación convoca as axudas dirixidas aos servizos de normalización lingüística das entidades locais...

0
As entidades locais teñen un mes de prazo para presentar as solicitudes para estas axudas destinadas a crear ou manter e reforzar servizos destinados...

Publicacións Relacionadas