HomeVigoMosO Pleno do Concello de Mos apoia a dotación de recursos suficientes...

O Pleno do Concello de Mos apoia a dotación de recursos suficientes e igualitarios no CEIP Mestre Martínez Alonso

- Anuncio -spot_img

O Pleno do Concello de Mos abordou hoxe, a proposta da comunidade educativa do CEIP Mestre Martínez Alonso, a necesidade dunha maior dotación de recursos para o centro. A sesión contou coa asistencia de nais e pais do alumnado do centro, que previamente fixeron chegar a súa preocupación. Antes do inicio do debate, unha representante das familias interveu para expor directamente as súas inquedanzas á Corporación Municipal.

As mocións presentadas foron aprobadas polo Pleno, evidenciando o respaldo institucional do Concello de Mos á petición da comunidade educativa. Ademais, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, comprometeuse expresamente a solicitar á Consellería Educación a creación dunha aula de educación especial de cara o próximo curso no CEIP Mestre Martínez Alonso se así o considera necesario a dirección do centro.

Arévalo subliñou a importancia deste centro como referente no municipio e a lexitimidade da demanda social, confiando en que a comisión de recursos extraordinarios poida atender as peticións do CEIP Mestre Martínez Alonso. Insistiu tamén en que, aínda que o Concello non ten competencias directas en materia educativa, si ten a obriga de escoitar e trasladar as necesidades á Xunta de Galicia, “como xa se fixo e se está a facer a través de reunións coa Consellería e visitas aos centros”.

Segundo o informe da Inspección Educativa, o centro conta actualmente con profesorado de catálogo e tres docentes extra, que permiten atender ao alumnado con necesidades educativas especiais. Con todo, a rexedora subliñou que “aquí non se trata de siglas, senón dos nenos e nenas de Mos”, e puxo en valor o investimento da Xunta nos últimos anos —case 1,8 millóns de euros nos centros do municipio— ao tempo que reclamou unha revisión constante das necesidades reais.

O Concello de Mos seguirá sendo altofalante da comunidade educativa, ofrecendo diálogo, unidade e firmeza na defensa dos dereitos do alumnado. O obxectivo común: igualdade, equidade e calidade educativa para todos os centros de Mos.

IES de Mos

Noutro dos puntos do día do Pleno tamén se aprobou a proposta en relación á cuberta do patio exterior do IES de Mos e poñer en marcha o ciclo medio de Guía no Medio Rural e Tempo Libre.

Nesta proposta, o concello de Mos insta á Consellería de Educación a levar a cabo, no prazo máis breve posible, os compromisos solicitados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e adquiridos coa comunidade educativa do IES de Mos en sucesivas reunións: a ampliación da oferta de formación profesional co ciclo medio Guía no Medio Rural e Tempo Libre e a cobertura de aproveitamento do espazo exterior deste centro.

Ademais, insta á Xunta de Galicia a avanzar nos acordos, a petición da alcaldesa, en referencia á elaboración dun estudo a corto prazo para valorar a construcción dun novo centro de Secundaria con máis prazas no municipio ou, de ser o caso, un novo centro específico no que se impartan ciclos Formativos de Formación Profesional.

Publicacións Relacionadas