HomeBaixo MiñoA GuardaA nova banda local Ínsua Band estréase no TocaMúsica da Guarda

A nova banda local Ínsua Band estréase no TocaMúsica da Guarda

- Anuncio -spot_img
  • O ciclo TocaMúsica arrancou en maio con Mambas negras e trae agora a primeira actuación en concerto de Ínsua Band

O ciclo TocaMúsica do Concello da Guarda continúa con concertos nos diferentes recunchos da vila. Este domingo é a quenda de Ínsua Band, que se estrean en concerto.

Unha banda formada na Guarda, por xente querida da zona. O veterano Kike Morillas na guitarra, dos míticos Cosa Nostra, PK2, Alén do Son, etc… A marabillosa voz de Eva Carreras, que foi concursante de OT 2006, e nunca deixou de cantar en diferentes formacións.

Completan a banda, Ricardo Díaz, dando os “golpes” baixos coa súa experiencia no mundo do Jazz, influenciado polo folclore suramericano e a música afroamericana. E o guardés Brais Verde, dándolle un aire fresco á formación coas súas baquetas acostumadas a moverse no mundo do pop e do rock.

Ínsua Band móvense polos límites do jazz, do soul, do bolero e da bossa nova. A súa actuación contará cunha localización de luxo, o porto da Guarda, a altura da estatua do Mariñeiro.

“É marabilloso ver como xorden novos proxectos musicais e que unen ademais a diferentes xeracións”, explica o alcalde. “Creo que Ínsua Band non pode ter mellor lugar para estrearse e agardo que moita xente veña a desfrutar desta nova banda”.

O concerto de Ínsua Band comezará ás 12:30h este domingo 8 de xuño na rúa do Porto, á altura do monumento do mariñeiro.

Tras o éxito da primeira actuación con Mambas negras, durante o verán seguirá a música en directo coas actuacións por diferentes puntos da vila a cargo de Litus, Novoa e Pirata e de Wonder Covers.

Este programa pretende ser unha cita que marcar na axenda, unha cita musical mensual co Tocamúsica 2025, programa que conta co apoio do plan +Provincia.

Publicacións Relacionadas