Home Vigo O Porriño O Porriño avanza na mellora dos seus parques infantís e areas de...

O Porriño avanza na mellora dos seus parques infantís e areas de lecer

- Anuncio -
  • A entidade local licita a mellora de dous parques da parroquia de Cans, o da Graña e o do río Couso, dous en Torneiros, o da Fase I e o do Centro Cultural Alba, o parque de Costeira en Pontellas e o da Forna en Budiño

O Concello de Porriño segue apostando pola mellora da calidade de vida dos seus cidadáns, especialmente dos máis pequenos. A concellería de Parques Infantís, que dirixe Marcos Martínez, vén de licitar a mellora de cinco parques infantís e unha área biosaudable. Este proxecto, que conta cun orzamento base de máis de 65.000 euros, financiarase ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra.

Estes traballos  levaranse a cabo  en dous parques da parroquia de Cans, o da Graña e o do río Couso, dous en Torneiros, o da Fase I e o do Centro Cultural Alba, o parque de Costeira en Pontellas e o da Forna en Budiño.

Entre as melloras máis destacadas inclúese o cambio do pavimento absorvente de impactos no parque da Graña, que se realizará con dúas capas de caucho para garantir a seguridade dos nenos e nenas. No río Couso, repararase o pavimento existente e engadiranse novos elementos biosaudables.

O parque da Fase I tamén verá importantes cambios, como a instalación dun valo para protexer a zona de xogo e a inclusión de porterías de fútbol sala. Pecharase o recinto cunha cancela no acceso e restauraranse todos os elementos da área de xogo infantil No Parque Alba, retiraranse os elementos biosaudables en mal estado e substituiranse por novos.

Ademais, no parque da Costeira instalarase un novo valo e restauraranse todos os elementos de xogo, mentres que na Forna colocarase céspede artificial antiestático, crearase unha nova área de xogo de area e instalaranse novos elementos.

Para garantir que todos/as os/as usuarios/as coñezan as normas e idades recomendadas, colocaranse carteis informativos en cada parque.

“Estas melloras non só embelecerán os espazos, senón que tamén proporcionarán unha contorna máis segura e divertida para a cativada”, explicou o concelleiro, “Queremos que os nosos parques cobren nova vida e nesa liña traballamos”.

Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo, indicou que “somos conscientes de que queda moito por facer, pero seguimos e seguiremos traballando ata mellorar todos os parques do Porriño. Os nosos pequenos e pequenas merecen ter as mellores zonas de lecer”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas