O PP asegura que “o de Koldo, Armengol, Marlaska, Ábalos, Víctor Torres, Illa, Montero Sánchez e o PSOE é corrupción

adminON
Lectura mínima de 3

● No debate da proposta de creación da Comisión de investigación sobre ‘a trama de corrupción do PSOE, a senadora pontevedresa, Pepa pardo recalca que “non estamos #ante un simple caso estamos #ante unha trama con multitude de ramificacións, unha trama que afecta o núcleo máis próximo do presidente Sánchez”

● “Que máis ten que pasar para que asuman responsabilidades políticas?”, pregunta Pardo ao PSOE,


● Pardo di que este Goberno pasará á historia por ser “o da mentira e da corrupción”

A portavoz de Xustiza do GPP, Pepa Pardo, que interveu na quenda de portavoces, recalca que “non estamos #ante un simple caso estamos #ante unha trama con multitude de ramificacións, unha trama que afecta o núcleo máis próximo do presidente; con máis de 20 detidos, catro ministerios salpicados, o número 2 do PSOE, Santos Cerdán no punto de mira, dous gobernos autonómicos presididos polo PSOE naquel momento, como Baleares e Canarias, cuestionados”.

Pardo dirixiuse á bancada socialista e preguntou “que máis ten que pasar para que asuman vostedes responsabilidades políticas?”.

Esta Comisión é “necesaria e esencial” e todos estes temas “teñen que ser investigados no Senado”, porque todos os españois queren saber a verdade, “a verdade que arrasa o corazón do PSOE e este Goberno”, sinala a senadora do PP.

Asegura que “os españois merecen saber a verdade sobre este caso que xa pasou de ser o caso Koldo a ser o caso PSOE”, con multitude de ramificacións que “van máis aló da presunta cobranza de mordidas pola compra de máscaras na pandemia”.

Pepa Pardo volveu a preguntar aos socialistas “como se come o ser incompatible coa corrupción con amnistiar a corruptos malversadores”. Iso, “non é ser implacable coa corrupción nin incompatible coa mesma iso, señorías do PSOE é encartarse á corrupción”.

Pardo di que este Goberno pasará á historia por ser “o da mentira e da corrupción” e móstrase convencida de que “a súa caída está cada vez máis próxima, son vostedes señorías do PSOE as migallas do que foi un gran partido”.

Comparte este artigo