Home A Paradanta A Cañiza O PP da Cañiza pide de maneira inmediata a dimisión do alcalde...

O PP da Cañiza pide de maneira inmediata a dimisión do alcalde logo de estar imputado por un posible delito de prevaricación administrativa no concello

- Anuncio -

● Os populares indicaron que é completamente inadmisible que Luis Piña siga ao fronte do concello cando está citado para declarar polo Xulgado de Instrucción 3 de Ponteareas

● Miguel Domínguez lamentou a situación do seu concello, no que un alcalde acusado de prevaricación segue, como se nada pasara, sentado na cadeira do concello

● “Se tivera un pouco de ética e dignidade debería haber dimitido xa. Os nosos veciños e veciñas non se merecen isto, que o seu concello estea gobernado por alguén acusado dun delito de prevaricarición. Isto é moi grave”, lamentou o voceiro popular

● O voceiro popular lembrou tamén que a débeda no concello case se triplicou durante o mandato de Piña ata situarse en 1,9 millóns e que o Concello ten sen pagar facturas do primeiro semestre deste ano por case 1,7 millóns

O grupo municipal do PP da Cañiza solicita de maneira inmediata a dimisión do alcalde logo de estar imputado por un delito de prevaricación administrativa no concello, polo que vai ter que declarar no Xulgado de Instrución 3 de Ponteareas.

“Nun Estado de dereito, esto é completamente inadmisible. Un alcalde acusado de prevaricación que sigue como se nada pasara sentado na cadeira do concello. Se tivera un pouco de ética e dignidade debería haber dimitido xa. Os nosos veciños e veciñas non se merecen isto, que o seu concello estea gobernado por alguén acusado dun delito de prevaricación. Isto é moi grave”, lamentou o voceiro popular.

Miguel Dominguez lembrou que o Xulgado de Instrución 3 de Ponteareas admitiu a trámite a denuncia contra o alcalde presentada polo PP desta localidade, por un presunto delito de prevaricación, pola denegación do acceso a determinados expedientes e documentos municipais. Ademais investigase tamén a presunta desaparación de dous expedientes de dos arquivos municipais. Luis Piña ten por diante unha posible inhabilitación de ata 15 anos.

Grave situación nas arcas municipais
Os populares alertan tamén da grave situación económica das arcas municipais, xa que a débeda está “desbocada” tras triplicarse no último mandato e na actualidade –a peche do primeiro semestre do ano– o Concello tiña facturas sen pagar por case 1,7 millóns de euros.

O voceiro popular cre que a situación económica derivada da xestión de Piña na Alcaldía é “dramática”, xa que triplicou a débeda municipal que, segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda e Función Pública, pasou de 707.000 euros ao peche do ano 2019, que foi cando houbo o cambio de goberno local, a 1.924.000 euros ao remate do ano 2022.

Ademais, o Concello da Cañiza tiña, con data do pasado 30 de xuño, unha contía de 1,68 millóns de euros en facturas sen pagar e apenas conseguirá satisfacer preto de 700.000 euros.

“No primeiro semestre do ano o alcalde só foi quen de pagar o 30% das facturas e deixou o resto pendente, polo que na actualidade temos pufos por alomenos 3,6 millóns de euros entre débeda e facturas sen pagar, polo que a situación é moi preocupante”, concluiu Miguel Domínguez.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas