Home Pontevedra Barro O PP de Barro lamenta os 100 días perdidos na xestión municipal...

O PP de Barro lamenta os 100 días perdidos na xestión municipal e indica que é completamente inxusto para os veciños o estado de parálise na que se atope concello

- Anuncio -

● O voceiro do PPdeG, Eduardo Ruadas subliñou que o que está acontecendo no concello supera con creces todas as malas expectativas que tiña postas para este mandato

● “Nada fixeron nestes primeiros 100 días e o cidadáns non se merecen esto. Eles non teñen a culpa de nada, só se merecen que o concello funciona e dea servizo aos barrenses

● “Parece algo surrealista que nos tempos que corren hoxe en día, só se sigan preocupando dos soldos e das sillas e deixen de lado completamente a xestión municipal

O voceiro e concelleiro do PP de Barro, Eduardo Ruadas, lamentou hoxe os 100 días perdidos na xestión do concello e indicou que é completamente inxusto para os vecinos o estado de parálise no que se atopa o concello.

“Nada fixeron nestes primeiros 100 días de lexislatura e os cidadáns non se merecen esto, é completamente inxusto para eles que non asuman as súas responsabilidades e que o único que teñen como obxectivo é seguir esquilmando as arcas municipais cos incrementos dos soldos e buscando a costa dos cartos dos barrenses o apoio dos outros grupos municipais regalando dedicacións exclusivas”, reiterou Ruadas.

O voceiro do PP de Barro indicou que “parece algo completamente surrealista nos tempos que corren hoxe en día, que só se preocupan dos seus propios petos e do baile de sillas e deixen de lado completamente a xestión municipal. Nestes días de Goberno de coalición seguimos cunha situación de inmovilismo, e consideramos que o alcalde o que ten que facer xa en primeira instancia e de maneira inmeidata é atender as necesidades dos vecinos e non as súas persoais”.

“É preciso que se poñan xa a traballar, e sexan responsables co cargo que ocupan, que é velar, coidar e escoitar as necesidades dos cidadáns, e traballar en prol do concello, non en prol de eles”, indicou Eduardo Ruadas

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas