• Pardo: “O Bloque debe decidir se queren seguir a bordo dun barco cun capitán que navega nunha lameira de corrupción ou se se baixan del para que os cidadáns decidan o rumbo do noso país nas urnas”
• A secretaria xeral do PP enumera a longa lista de incumprimentos con Pontevedra do acordo de investidura PSOE-BNG: “Os nacionalistas non pintan absolutamente nada en Madrid, pero o único que lles importa é manter a súa cadeira de brazos no Congreso”
A secretaria xeral do Partido Popular de Pontevedra, Pepa Pardo, afirmou que “o Bloque Nacionalista Galego de #Miguel Anxo Fernández Lores e de Ana Pontón deixou de ser socio do goberno de Pedro Sánchez para ser cómplice da corrupción que afoga ao Partido Socialista Obreiro Español”.
O PP de Pontevedra considerou insuficiente que o BNG se haxa negado a participar na reunión á que foron convocados na Moncloa tras o estalido do escándalo de Santos Cerdán, que derivou no seu ingreso en prisión provisional: “Cando apoias e sustentas ao Goberno, estás a ser cómplice de toda a corrupción que arrasa e afoga ao PSOE. Todo o demais son xestos para a galería”.
Fronte á morneza dos nacionalistas, que na cidade de Pontevedra non se pronunciaron publicamente sobre os casos de corrupción que se investigan na contorna directa do presidente do Goberno, Pardo pediu que “o BNG de Pontevedra esixa ao seu portavoz nacional, Ana Pontón, que rompa o acordo de investidura de Sánchez e deixe de mantelo no poder”.
En referencia ao acordo de investidura PSOE-BNG, asinado por María Jesús Montero e Ana Pontón, a concelleira popular ha criticado os incumprimentos con Pontevedra: “Chegaron ao Goberno vendendo un acordo no que nos garantían que habería un xulgado exclusivo de violencia de xénero en Pontevedra, tamén prometeron traballar para conseguir a gratuidade da peaxe da AP-9, buscar solucións para terminar o segundo tramo do paseo a Marín e avanzar na implantación de trens de proximidade, priorizando os tramos de Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol. Non fixeron absolutamente nada tampouco pola dragaxe do Lérez ou retomar as obras paradas do Nó de Bombeiros”.
Pardo asegurou que “o BNG non pinta absolutamente nada en Madrid e, a pesar de autodenominarse independentistas, o único que lles importa é manter a súa cadeira de brazos no Congreso dos Deputados”.
Por último, convidou aos nacionalistas para reflexionar sobre “se queren seguir a bordo dun barco cun capitán que navega nunha lameira de corrupción ou se se baixan del, cun mínimo de dignidade e de decencia política, para que os cidadáns decidamos o rumbo do noso país nas urnas”.