• Os populares teñen maioría para obrigar ao alcalde para convocar unha sesión extraordinaria na que solicitarán a creación dun grupo de traballo, entre os tres partidos políticos e os axentes sociais implicados – Policía Local, servizos sociais, veciños, comerciantes, etc. –, para que todos acheguen propostas co obxectivo de adoptar medidas reais e efectivas para atallar os problemas de convivencia e inseguridade cidadá
• Domínguez, especialmente crítico co silencio de Lores #ante a crecente alarma social desde a pelexa a cuchillazos de Barcelos: “Pasou unha semana e Lores non fixo nin unha soa declaración. Está ausente dos problemas reais dos pontevedreses”
O grupo municipal do Partido Popular ha solicitado formalmente a convocatoria dun Pleno extraordinario no Concello de Pontevedra para solicitar a creación dun grupo de traballo, entre as tres formacións políticas con representación na corporación municipal e os axentes sociais implicados – Policía Local, servizos sociais, veciños, comerciantes, etc. –, para achegar propostas co obxectivo de que se adopten medidas reais e efectivas coa finalidade de atallar os problemas de convivencia e inseguridade cidadá.
A petición cursouse ao amparo do artigo 46.2 a) da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local e do artigo 58.1 do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Pontevedra, normativa que permite a unha cuarta parte da corporación municipal instar á celebración de sesións extraordinarias. Os populares teñen maioría, polo que só foron necesarias sete asinas dos 11 concelleiros do grupo para, en virtude da lexislación vixente, obrigar ao alcalde, #Miguel Anxo Fernández Lores, a convocar a sesión extraordinaria nun prazo máximo de 15 días hábiles. De non facelo, quedará automaticamente fixado para o décimo día hábil seguinte á finalización do prazo, ás 12:00 horas.
O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, advertiu de que a pelexa a cuchillazos do martes 3 de xuño na Praza de Barcelos “non é un feito illado, como pretende facer ver o goberno local do BNG, senón a consecuencia dun problema estrutural de deterioración da convivencia e necesidade de reforzar a Policía Local e os servizos sociais municipais, como reclamamos durante todo o mandato. Non só o noso partido, os veciños, comerciantes e sindicatos policiais sabían que algo así podía pasar e, desgraciadamente, pasou”, manifestou.
Ao longo do mandato; o goberno municipal ha desatendido a petición expresa do PP de convocar a Xunta Local de Seguridade, a creación dun Consello Local de Seguridade con participación veciñal, o reforzo do persoal dos servizos sociais municipais e da Policía Local, ademais de aumentar a presenza na rúa de patrullas a pé, a reactivación da Unidade de Seguridade Cidadá e a instalación de cámaras de vixilancia en zonas conflitivas como Barcelos, Praza da Ferrería ou Campolongo.
A formación de Domínguez considera urxente abordar esta problemática con responsabilidade, propostas concretas e vontade política. Por iso, foi especialmente crítico co silencio de Lores, #ante a crecente alarma social: “Pasou unha semana desde a terrible pelexa a cuchillazos que vimos en Barcelos, e que as autoridades seguen investigando, e Lores non fixo nin unha soa declaración. Está ausente dos problemas reais dos pontevedreses”.

