Home Pontevedra O PP de Pontevedra lanza unha ofensiva para a rehabilitación urxente da...

O PP de Pontevedra lanza unha ofensiva para a rehabilitación urxente da antiga sede de Facenda

- Anuncio -

• Os populares reclaman “medidas urxentes” para garantir o arranxo e a seguridade da balaustrada, ademais de esixir información veraz sobre o proxecto de rehabilitación do edificio: Cando se prevé licitar a contratación das obras?

• Domínguez, Pardo e Puy lideran un fronte a favor do mantemento do BIC, pechado desde 2010 e nun estado de conservación “deplorable”

O presidente do Partido Popular na cidade de Pontevedra, Rafa Domínguez, o deputado no Congreso dos Deputados, Pedro Puy, e a senadora pontevedresa Pepa Pardo lanzaron unha ofensiva para a rehabilitación da antiga sede de Facenda.

O primeiro en intervir foi o portavoz municipal do PP local que, xa en decembro de 2023, presentou unha proposta para instar o Goberno central a “recapacitar” sobre o proxecto para converter o inmoble de San Francisco, exclusivamente, no futuro Arquivo Provincial e “aproveitar a oportunidade que brinda a Xunta de Galicia para colaborar economicamente na creación da gran biblioteca pública que Pontevedra necesita”, ao valorar como insuficiente o inmoble da biblioteca Antonio Odriozola na rúa Alfonso XIII. O BNG e o PSOE votaron en contra da moción.

Un ano máis tarde, Domínguez chamou a atención sobre a “desvalorización continua deste Ben de Interese Cultural, pechado á cidadanía desde 2010; sendo vergoñoso que, desde que caeu parte da balaustrada o 5 de xaneiro de 2025, levemos case un mes coa zona valada, sen que fixesen absolutamente nada para preservar a seguridade das persoas”.

A hora de roteiro que seguirá o PP pontevedrés elevará o asunto ao Congreso dos Deputados e ao Senado, onde solicitarán “toda a información sobre os plans do Goberno para a rehabilitación do inmoble e que tipo de alteración está prevista acometer na escalinata da fachada, que poida alterar a súa estrutura e deseño actual, ademais dos profundos cambios do interior”, avanzou Puy.

O deputado solicitou unha resposta á maior celeridade posible para, unha vez coñecido o proxecto, “posicionarnos pensando sempre no mantemento dun edificio emblemático, que forma parte das orixes e da memoria de todos os pontevedreses”.

A senadora e concelleira Pepa Pardo profundou no estado “deplorable” da vella sede de Facenda, e puxo #en cuestión a veracidade dos anuncios do executivo de Pedro Sánchez “despois de que o exdelegado do Goberno, José Miñones, asegurase que a obra de rehabilitación da cuberta estaría executada no ano 2022 e tras o anuncio do exministro de Cultura, Miquel Iceta, ao asegurar, nun mitin do PSOE local, que en 2025 reabriríase o histórico edificio á cidadanía”.

Os incumprimentos do Goberno acumulan máis de catro anos de espera. Por iso, o deputado e a senadora rexistraron dúas solicitudes na Cámara Baixa e Alta, para o acceso ao proxecto íntegro, ademais de solicitar a totalidade dos informes que o acompañan para coñecer a realidade do que se pretende facer e que prazos manexa o Ministerio.

Relacionadas

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Publicacións Relacionadas