• Esta proposta, que xorde por mor do apagamento do 28 de abril, permitiría ao Concello de Pontevedra identificar as persoas electrodependientes para brindarlles unha atención prioritaria
• Pardo: “Debemos anticiparnos a situacións que supoñan un risco para a vida das persoas que dependen de dispositivos electrónicos como respiradores, concentradores de osíxeno ou equipos de diálise domiciliaria”
O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra propuxo a elaboración por parte do Concello dun rexistro voluntario de persoas electrodependientes, encamadas ou con enfermidades crónicas, co obxectivo de establecer un protocolo de actuación preventiva #ante emerxencias como cortes prolongados da subministración eléctrica ou catástrofes naturais.
A proposta xorde por mor do apagamento eléctrico sufrido o pasado 28 de abril, que puxo de manifesto a vulnerabilidade de certos sectores da poboación. A concelleira do PP de Pontevedra Pepa Pardo asegurou que “é fundamental anticiparnos a situacións que poden poñer en risco a vida de persoas que dependen de dispositivos electrónicos como respiradores, concentradores de osíxeno ou equipos de diálise domiciliaria”.
Esta listaxe, de carácter estritamente voluntario e suxeito á normativa de protección de datos, permitiría ao Concello de Pontevedra identificar as persoas que necesitan unha asistencia prioritaria para protexer a súa saúde. O PP de Pontevedra considera esta medida como unha actuación preventiva e necesaria para reforzar a capacidade de resposta da cidade #ante imprevistos que, como o recente apagamento, poñen de manifesto a necesidade de protocolos eficaces en caso de situacións de emerxencia inesperadas.
“O Concello de Pontevedra ten o deber de velar pola seguridade e o benestar dos seus veciños. Desde o PP estamos convencidos de que contaremos co voto a favor dos outros dous grupos políticos da corporación municipal para establecer un mecanismo preventivo que permita actuar desde o primeiro momento para protexer vidas”, afirmou a edil popular.
A parte propositiva da moción insta ao Concello de Pontevedra a crear un rexistro municipal de persoas electrodependientes, no que poidan inscribirse tanto os residentes da cidade como aqueles cidadáns que se atopen temporalmente na cidade por motivos laborais, turísticos ou doutra índole.
Así mesmo, propón a elaboración dun protocolo de actuación preventiva, co obxectivo de garantir a atención prioritaria e a seguridade das persoas electrodependientes #ante situacións de apagamentos prolongados, catástrofes ou calquera situación de emerxencia inesperada.
“Esta iniciativa reforza a prevención e demostra o compromiso do PP cunha cidade máis solidaria, previsora e humana”, concluíu Pardo.



