Home Pontevedra Caldas O PP de Pontevedra reivindica “o labor da Xunta de Galicia na...

O PP de Pontevedra reivindica “o labor da Xunta de Galicia na posta en valor do patrimonio cultural”

- Anuncio -

• Luis López afirmou que “no vindeiro mandato, con Iván Caamaño á fronte de Catoira, se producirá unha auténtica eclosión cultural na vila”.

• “É imprescindible que Catoira teña un novo alcalde, con ideas novas e a forza necesaria para emprender os proxectos culturais que o concello merece”, destacou Chapela, sinalando que “non cabe dúbida de que esa persoa é Iván Caamaño”.

• “Temos un patrimonio cultural que debemos aproveitar ao máximo, tanto polo seu valor estratéxico a nivel económico como pola súa relevancia para a nosa autoidentificación como pobo”, asegurou Caamaño.

O PP de Pontevedra reivindicou “o inmenso legado e patrimonio cultural que posuímos en toda a provincia de Pontevedra, con Catoira como un referente para toda Galicia polos diferentes bens conservados”. “Non podemos nunca esquecer que lugares como as Torres do Oeste posúen unha forte carga patrimonial e simbólica, pois estamos ante un espazo que nos fala da Galicia medieval, duns espazos que captaron a atención de figuras como o arcebispo compostelán Diego Xelmírez”.

Así o expresaron os populares nunha visita da Comisión de Cultura do PPdeG, presidida polo coordinador deste eido, Daniel Chapela, ás Torres do Oeste e á Capela de Santiago, na que tamén estiveron acompañados polo presidente provincial do Partido Popular, Luis López, o candidato popular á alcaldía, Iván Caamaño, e outros membros do Partido Popular da provincia. “A Xunta de Galicia ten na cultura un dos elementos vertebradores das políticas autonómicas, unha cuestión que se observa nos Orzamentos do ano 2023, nos que a conservación e a mellora do patrimonio cultural ve incrementado o seu orzamento nun 14% respecto do exercicio anterior”, sinalou López Diéguez. Ademais, puxo en valor as obras que se realizarán nas Torres do Oeste con financiamento autonómico e dos fondos Next Generation, “un exemplo máis do compromiso do equipo de Alfonso Rueda e do Partido Popular co patrimonio de Catoira e de toda a provincia”.

Pola súa banda, o coordinador de Cultura do PPdeG, Daniel Chapela, aludiu tamén “ao papel que a cultura xogou, xoga e xogará no traballo do PPdeG”. “A cultura, a lingua e os costumes son un dos cernes máis importantes da identidade de Galicia. Non en balde, estas foron destacadas por históricos defensores da nosa terra como Alfredo Brañas ou Castelao, e forman un dos eixes artelladores da política do noso partido desde os tempos de Albor até a actualidade”, afirmou, subliñando que “nestes momentos en que o noso partido está a traballar precisamente no programa de goberno para os 313 concellos de Galicia, o espazo cultural terá un papel determinante nas políticas que impulsaremos desde os gobernos municipais”.

O FUTURO CULTURAL DE CATOIRA

Durante a visita, o candidato popular á alcaldía catoirense presentou ante os membros da Comisión de Cultura e as persoas presentes o proxecto desenvolto para as Torres do Oeste, un fito que, nas súas palabras, “é posible grazas á colaboración entre Administracións e ao traballo diario levado a cabo polo grupo popular durante estes catro anos procurando o mellor para Catoira e para os catoirenses”.

“Este proxecto contempla desde a o acondicionamento da contorna e a iluminación eficiente até a mellora da accesibilidade e un proxecto de museografía dixital, unhas obras que supoñen un investimento de 300.000 euros en tres anualidades e nos que o Concello non terá que investir fondos propios, xa que o proxecto foi creado a nivel municipal pero o financiamento procede dos fondos NextGeneration”, explicou Caamaño. O voceiro e candidato puxo de manifesto “como esta actuación vai supoñer unha maior proxección de Catoira a nivel galego, xerando dinamismo histórico, cultural e económico para a vila”.

Xa que logo, Caamaño puxo como mostra do futuro cultural de Catoira “o traballo realizado durante este mandato por parte do noso partido, que tivo na cultura material e inmaterial un dos seus puntos de atención”. “Non temos ningunha dúbida de que, con Iván á fronte, Catoira despuntará a nivel cultural”, sentenciou López.

Relacionadas

O Museo de Pontevedra inaugura con ‘A pel do Museo’ un ciclo de diálogos...

0
Rafa Domínguez: “Iniciativas como “A pel do Museo”, enmarcada no programa que acaba de nacer “Infiltracións”, vainos permitir elevar o Museo a un nivel...

Luis López destaca investimentos da Deputación por preto de dous millóns de euros para...

0
O presidente provincial celebra o “municipalismo” que comparten ambas as institucións para cooperar en proxectos transformadores como as humanizacións de núcleos, a mellora da...

Digna Rivas: “Ampliamos o prazo de exposición pública do PXOM ata o máximo que...

0
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, rexeita as críticas do PP nas que o grupo da oposición demanda a ampliación do prazo de alegacións...

Luis López amosa o interese da Deputación polo sector conserveiro e o medio mariño...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou no tradicional acto anual de entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca, que tivo lugar esta mañá...

O programa Covelo Cóidate e o SERGAS colaboran para a prevención e a detección...

0
O Concello de Covelo convida a participar na charla sobre prevención e detección precoz do virus do papiloma e autoexploración e cribado de mamá...

Éxito dos obradoiros “Cultiva a Mente” do Concello de Covelo en colaboración con AFAGA

0
A Asociación  de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia e o Concello de Covelo colaboran para ofrecer clases gratuítas que...

Publicacións Relacionadas