HomePontevedraO PP de Pontevedra solicita ao Goberno de España que modifique de...

O PP de Pontevedra solicita ao Goberno de España que modifique de inmediato o actual proxecto da Variante de Caldas que provocaría o derrubamento de vivendas e graves afeccións en empresas, estradas, fincas e zonas de cultivo

- Anuncio -spot_img
  • O deputado provincial, Jorge Cubela, acompañado do deputado e alcalde de Portas, Ricardo Martínez e da concelleira de Caldas de Reis, Sara Martínez, explicou que o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible decidiu impulsar este verán o proxecto tras moitos anos nos que tivo sumida esta actuación no esquecemento e o abandono
  • Os populares defenderán este venres no Pleno da corporación provincial a moción presentada na que instan ao Goberno de España a  que inicie ademáis con urxencia a redacción dun novo estudo informativo que conteña alternativas de trazado cunha menor afección e lesividade sobre os termos municipais de Caldas de Reis e Portas

O  Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará este venres no Pleno unha moción na que se solicita ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible a inmediata anulación do actual proxecto “Variante Oeste de Caldas de Reis e Acceso do Porto de Vilagarcía á AP-9” polas graves afeccións de todos os trazados propostos nos territorios de Caldas de Reis e Portas, e que inicie ademáis con urxencia a redacción dun novo estudo informativo para a próxima construción da Variante que conteña alternativas de trazado que sexan aceptadas pola veciñanza e que teñan unha menor afección e lesividade sobre os termos municipais de Caldas de Reis e Portas.

O deputado provincial, Jorge Cubela, acompañado do deputado e alcalde de Portas, Ricardo Martínez e da concelleira do PP en Caldas de Reis, Sara Martínez, explicou que o  Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible decidiu impulsar este verán o proxecto tras moitos anos nos que tivo sumida esta actuación no esquecemento e o abandono.

“Pero este proxecto rompe os territorios de Caldas de Reis e de Portas e provocaría o derrubamento de vivendas e importantes afeccións a empresas, estradas, fincas e zonas de cultivo, entre outras cuestións”, indicou Jorge Cubela.

O deputado detallou que “dende o PP provincial, recollemos as queixas dos veciños e dos compañeiros de Portas e Caldas, que como non podía ser doutra maneira, puxéronse a carón dos veciños afectados na organización de mobilizacións, a redacción de alegacións e a adopción de acordos contrarios a este proxecto. Pola contra o PSOE, tanto desde o Ministerio como das administracións galegas, está tratando de sacar adiante esta Variante cunha actitude totalmente escurantista, abrindo a fase de exposición pública no mes de agosto con nula publicidade tanto dos responsables estatais como do propio Concello de Caldas de Reis, o que deixa ben ás claras a súa intención de levalo adiante malia os graves problemas que causaría en ambos concelllos”.

“Polo que dende a Deputación apoiamos aos veciños e solicitamos ao Estado a anulación inmediata do actual estudo informativo e o encargo urxente dun novo proxecto, que recolla trazados cunha menor afección e impacto sobre estes dous concellos canto antes co obxectivo de que a Variante Oeste de Caldas non se siga adiando no tempo, xa que é moi necesaria”, rematou Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas