Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O PP denuncia unha “infinidade de deficiencias” en Ponte Sampaio

O PP denuncia unha “infinidade de deficiencias” en Ponte Sampaio

- Anuncio -

• Aroa Otero: “É necesario substituír e ampliar a rede de contedores en mal estado da parroquia, onde só recóllese a lixo tres días á semana, provocando que o cheiro sexa insalubre durante todo o verán”

• O Partido Popular avoga por solucionar, o máis pronto posible, unha serie de problemáticas que non supoñería un gran desembolso para as arcas municipais pero que serían transcendentais para mellorar o benestar dos veciños do rural, que pagan os mesmos impostos que os do centro da cidade

O Partido Popular de Pontevedra visitou Ponte Sampaio para denunciar publicamente a “infinidade de deficiencias” que presenta a parroquia pontevedresa pola falta de mantemento e de prestación de servizos esenciais por parte do Goberno local.

Unha das competencias municipais “peor atendidas” polo Concello, en palabras da edil popular Aroa Otero, é a xestión dos residuos e a limpeza pública do centro urbano e o rural.

A concelleira solicitou que “a nova ordenanza, en fase de tramitación, debe contemplar obrigatoriamente a necesidade de substituír e ampliar a rede de contedores deteriorados de Ponte Sampaio, onde só recóllese o lixo os luns, mércores e venres, provocando que o cheiro que desprenden sexa insalubre durante todo o verán”.

Outra materia na que “suspenden” os dirixentes municipais son os traballos de limpeza das vías e camiños públicos. O Concello de Pontevedra ordena realizar as tarefas de roza unha vez ao ano pero “sempre deixa os barrios da zona alta de Carballa e de Eido Palleiro sen rozar”, engadiu.

A protección do patrimonio histórico e de gran relevancia etnográfica é outra das prioridades do PP. O arranxo e acondicionamento do lavadoiro tradicional da parroquia é unha esixencia do partido azul que critica o “abandono absoluto” do alcalde e os seus concelleiros.

A recuperación ambiental da Xunqueira de Ponte Sampaio converteuse na “eterna promesa que, unha vez termínanse as eleccións, o Goberno local mete no caixón dos obxectos perdidos ata as seguintes municipais que o volve a vender coma se fose unha idea nova”, reprochou Otero.

Un exemplo recente da “desidia e falta de compromiso” coa parroquia é a súa praia fluvial: “A area segue sen ter a calidade que prometeu o Goberno local en maio de 2023, as tubaxes afloran do chan, as papeleiras están rotas e o ximnasio dos piragüistas non parece do século XXI”.

A concelleira da oposición renuncia a que esa “imaxe descoidada dunha das zonas máis bonitas da parroquia” perdure no tempo, #ante a mirada de centos de nenos e nenas que realizan as súas actividades de campamento nesta contorna natural.

En materia de transporte, ademais do estado dalgúns viais municipais, destaca o “mal estado da única marquesiña” do lugar de Acevedo que está “oxidada e con recheo de cemento aos lados, sen cumprir unhas mínimas medidas de seguridade”. O mesmo sucede coa parada de autobús para recoller ao alumnado do CEIP Ponte Sampaio que, directamente, carece de marquesiña e “os menores esperan á beira dun muro a piques de caer”.

En definitiva, o Partido Popular avoga por solucionar, o máis pronto posible, un “cúmulo de deficiencias que non supoñería un gran desembolso para as arcas municipais pero que serían importantes para mellorar o benestar dos veciños de Ponte Sampaio que pagan os mesmos impostos que os do centro da cidade”.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas