HomePontevedraBaixo MiñoO PP do Rosal denuncia o abandono da rede municipal de pistas...

O PP do Rosal denuncia o abandono da rede municipal de pistas e destapa o seu pésimo estado en zonas como A Cumieira, San Miguel, Pías e O Barrio Novo

- Anuncio -spot_img

● Os populares reclaman ao goberno local un plan de actuación urxente para corrixir as moitas eivas de vías que presentan fendas e fochancas de grandes dimensións e incluso, nalgún caso, ata un pau con cinta chantado no medio da plataforma de circulación

● O voceiro municipal, Carlos Rodríguez, lamenta que, ante as queixas dos veciños destas zonas, o Concello se limitara a facer un mínimo parcheo totalmente ineficiente e non acometera un arranxo definitivo

O grupo municipal do PP do Rosal vén de denunciar o estado de abandono practicamente xeralizado da rede municipal de pistas e destapou que a situación é especialmente grave en zonas como A Cumieira, San Miguel, Pías ou O Barrio Novo, entre outras, que presentan un pésimo estado cun firme totalmente deteriorado.

Ante esta situación, que está a motivar moitas queixas veciñais dos afectados, os populares reclámanlle ao goberno local o deseño e execución dun plan de actuación urxente, que inclúa a redacción dos proxectos, a garantía do financiamento e un cronograma de prazos áxil.

Cómpre sinalar que as pistas municipais destes lugares presentan moitas eivas que é preciso corrixir en breve prazo, xa que as súas condicións afectan á seguridade viaria e impiden unha axeitada circulación ao tempo que tamén causan problemas aos peóns.

Estas pistas presentan fendas e fochancas de grandes dimensións froito de moitos anos sen un arranxo en condicións, contan con irregularidades na calzada e incluso, nalgún caso, teñen un pau chantado no medio da plataforma cunha cinta que tenta, infructuosamente, alertar da súa presenza.

Por elo, o voceiro municipal, Carlos Rodríguez, alertou da falta dun mínimo mantemento por parte do Concello e amosou o seu total apoio ás desatendidas reclamacións dos veciños, xa que, ademais, revelou que o clamor social obrigou ao goberno nacionalista a acometer un mínimo parcheo, totalmente insuficiente para as necesidades de tráfico e ineficiente, no canto de acometer un arranxo definitivo cun proxecto en condicións
“A rede municipal de pistas estase deteriorando a pasos axigantados e ademais comezan a notárselle as costuras e o moito tempo sen unha conservación mínima tras seis anos do BNG no goberno, que ten outras prioridades moi alonxadas das necesidades reais dos veciños e que ten as vías do Concello totalmente abandonadas, polo que circular por moitos lugares e aldeas do Rosal está a ser totalmente insufrible” detallou o concelleiro popular.

Publicacións Relacionadas