HomeO CondadoAs NevesO PP elixe a José Manuel Alfonso como candidato a alcaldía das...

O PP elixe a José Manuel Alfonso como candidato a alcaldía das Neves

- Anuncio -spot_img

• Luis López sinala que “é unha persoa preparada, dinámica, próxima, con capacidade de xestión e que participa activamente na vida deportiva, cultural e social do concello”.

José Manuel Alfonso será o candidato do Partido Popular á alcaldía das Neves nas municipais de maio. Así o decidiu a xunta local por unanimidade, decisión que trasladaron ao presidente provincial, Luis López, e á secretaria xeral, Luisa Piñeiro, na reunión que mantiveron onte pola noite na sede local do partido, á que tamén asistiu o presidente local, Emilio Castro.

José Manuel Alfonso, ten 54 anos, naceu en As Neves, é graduado social e emprendedor. Forma parte de colectivos culturais, sociais e deportivos do concello. Onte deu un paso adiante para liderar o proxecto dos populares, e aspira “a recuperar a confianza dos veciños para que As Neves volva a contar cun goberno do Partido Popular, un goberno estable e que xestione atendendo ás necesidades e prioridades dos seus veciños”.

Durante a súa intervención, dixo estar moi ilusionado e con gañas para afrontar esta nova etapa no Partido Popular, e recordou que conta absolutamente con todos. “Teño o respaldo de un gran equipo de veciños, e seguiremos incorporando máis nomes para presentarnos ás municipais co mellor equipo e co mellor proxecto para volver a poñer As Neves no lugar que merece”.

Pola súa parte, Luis López subliñou que o candidato “é unha persoa preparada, dinámica, próxima, con capacidade de xestión, e que participa activamente na vida deportiva, cultural e social das Neves”. Pediu que nos meses que quedan, aumenten a súa presenza na rúa, “somos o partido da xente porque sabemos escoitar, porque entendemos aos nosos veciños e porque buscamos solucións aos seus problemas”.

Ademais, amosou o “agradecemento” a Emilio “polo traballo ben feito e a súa xenerosidade”, e recordou que “todos seguen sendo imprescindibles no proxecto do Partido Popular. Cada afiliado, cada simpatizante, van ser fundamentais para conseguir a alcaldía das Neves en maio”.

Publicacións Relacionadas