O PP traizoa e engana aos veciños e veciñas de Vea

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta outorga a autorización administrativa non definitiva ao parque eólico de Monte Xesteiras

A Xunta vén de publicar a no DOG a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga a autorización administrativa previa do parque eólico de Xesteiras. A resolución non é definitiva en vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada diante da Consellaría de Economía, Industria e Innovación.

Desde o BNG da Estrada cremos que o PP traizoa e engana ao veciños e veciñas de Vea, e en especial aos seus votantes, xa que a resolución da dirección xeral é do 5 de xaneiro, e agardou até pasadas as eleccións para publicala no BOE. Evidentemente a publicación en tempo e forma non evitaría a maioría absoluta do PP, mais si é seguro que moitos dos veciños e veciñas de Vea non votarían por este partido de ter coñecido dita resolución antes do 18 de febreiro.

O BNG da Estrada organizará unha reunión en Santo André de Vea para o vindeiro venres 1 de marzo, ás 19 horas, no que informará aos veciños e veciñas do estado de tramitación do parque eólico e dos pasos a seguir. Neste sentido, estudaremos a resolución publicada no BOE, mais xa anunciamos que presentaremos un recurso de alzada para evitar a instalación do parque eólico Monte Xesteiras, que afectará ás parroquias de Santo André de Vea, Frades e Santa Mariña de Barcala.

Comparte este artigo