HomePontevedraO presidente provincial, Luis López, destaca o orzamento da Xunta en Pontevedra...

O presidente provincial, Luis López, destaca o orzamento da Xunta en Pontevedra e comarca, que superan os 95M€, cunha forte aposta polas infraestruturas, a vivienda e a sanidade

- Anuncio -spot_img
  • Luis López explicou que entre os principais investimentos que se levarán a cabo no concello de Pontevedra, destacan os 14,22 M€ para a construción de Vivendas de Promoción Pública, co compromiso de chegar a máis de 2.000 centradas nos barrios de Valdecorvos, Tafisa e A Parda.
  • O dirixente popular indicou que, unha vez máis, a Xunta amosa o seu compromiso, con investimentos tan importantes como é o novo Montecelo, que entra na súa fase final e que conta cunha partida de preto de 32,2 M de euros.
  • Na mesma liña, o presidente provincial detallou que o orzamento global para a provincia supera os 4.083 M€, dos cales 149 M€ son para vivenda, 135 M€ para políticas sociais, 127 M€ para auga, saneamento e depuradoras, 62 M€  para mobilidade, e 55M€ para infraestruturas e dotacións sanitarias, entre outras partidas.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, destacou hoxe os orzamentos da Xunta para Pontevedra e a súa comarca, que superan os 95M€, nos concellos de Pontevedra, Caldas e Morrazo, cunha forte aposta polo desenvolvemento das infraestruturas e no que se refire á promoción de vivenda pública e a sanidade.

Entre os principais investimentos que se levarán a cabo na área de influencia de Pontevedra destaca no concello de Pontevedra, os máis de 14,22 M de euros que se destinarán á construción de Vivendas de Promoción Pública, con 300 xa en marcha en Pontevedra e o compromiso de chegar a máis de 2.000 centradas nos barrios de Valdecorvos, Tafisa e A Parda.

Ademais, a consellería de Vivenda e Infraestruturas destinará unha partida de máis de 38 M€ en axudas para a promoción de vivendas (cohousing) en Pontevedra e Porriño e investirá 13 M€ en desenvolvemento de solo para vivenda protexida en Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Marín.

Outro dos grandes protagonistas nestes orzamentos é o novo Montecelo, que entra na súa fase final e que conta cunha partida de preto de 32,2 M de euros. O convento de Santa Clara (1,5 M); os traballos de mellora da eficiencia enerxética no edificio administrativo e na sede da AGASP (preto de 1 M en total); a ampliación do Campiño (1,6 M); o CIF e a rehabilitación de Lourizán (1,4 M en total).

Os investimentos en fomento do deporte, como a mellora da piscina do CGTD, a mellora dos pantaláns do campo de regatas de Verducido, ou o investimento no Centro de Alto Rendemento de Galicia (1,25 M en total); a construción dun novo parque canino (85.000 euros).

A dragaxe do Río Lérez (500.000 euros, dos preto de 9 millóns que se investirán); o novo Punto de encontro Familiar (500.000 euros); ou a remodelación dos Xulgados da Parda (123.600 euros), son outros dos grandes investimentos previstos para a cidade.

Actuacións na área de influencia, Caldas e Morrazo

No concello de Marín, destacan o investimento no CEIP O Seixo e a restauración da Igrexa de Santa María do Porto. A mellora do sistema de saneamento municipal de Mogor, en Marín; así como no concello de Poio, concretamente na rede de saneamento municipal de Portocampelo.  Para o mesmo concello está contemplado un investimento de 240.000 euros que permitirán iniciar os traballos no parque de Fragamoreira.

Os traballos no CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño (711.000 euros), en Campo Lameiro; o Centro de Saúde de Barro (900.000 euros); a rehabilitación e mellora do peirao O Meixoeiro (650.000 euros); a nave da Sociedade Deportiva Tirán (190.000); o Centro de Saúde de Moaña (2,2 M); o Centro de Saúde do Morrazo, en Cangas (600.000 euros); e a reparación da capela e a mellora dos espazos de uso público da illa de Ons, no concello de Bueu, pechan a lista de grandes investimentos na área de influencia de Pontevedra e o Morrazo.

Na zona de Caldas de Reis, investirase na prevención das inundacións derivadas do cambio climático nos ríos Ulla-Sar, o que afecta directamente ao concello de Valga. No mesmo concello, a consellería de Medio Rural investirá nun novo aeródromo e unha nova base de unidades operativas para loitar contra os incendios. Ademais, os orzamentos contemplan unha achega de 140.000 euros para a mellora do IES de Valga. Tamén en educación, cabe destacar a importante actuación de máis de 1,5 M de euros que xa se está a realizar no IES Plurilingüe Aquis Celenis. O investimento no Centro de Saúde de Caldas de Reis e a mellora enerxética dos xulgados, con 600.000 e 483.000 euros orzamentados respectivamente.

Cabe destacar que, máis alá dos investimentos nomeados, os orzamentos do ano 2026 contemplan unha gran cantidade de pequenas actuacións, así como a prestación de servizos, como as axudas para o alugamento, os bonos e programas de transportes ou a gratuidade da educación dende os 0 anos ata a titulación universitaria.

Luís López indicou que todas estas actuacións reflicten o compromiso da Xunta cos galegos e as galegas e a necesidade de seguir apostando por sectores especialmente sensibles como a comunicación, o coidado do medio ambiente, a sanidade ou a educación. “A premisa é mellorar a calidade de vidas dos nosos cidadáns e a Xunta está enfocada niso, poñendo todo o seu esforzo na procura do seu benestar. Proba diso son estes magníficos orzamentos que, estou seguro, permitirán mellorar o día a día de millares de veciños de Pontevedra e a súa comarca”, finalizou o presidente provincial.

Provincia de Pontevedra

Na mesma liña, o presidente provincial detallou que “onte coñecemos os orzamentos da Xunta para a nosa provincia que este ano superan os 4.083 M€, dos cales 149 M€ son para vivenda, 135 M€ para políticas sociais, 127 M€ para auga, saneamento e depuradoras, 62 M€  para mobilidade, 55M€ para infraestruturas e dotacións sanitarias, 18M€ para centros educativos, 11M€ para parques empresariais e 5M€ para investimentos culturais”, entre outros.

Publicacións Relacionadas