HomeBaixo MiñoA GuardaO programa Eu Saudable Mente busca o benestar mental do alumnado do...

O programa Eu Saudable Mente busca o benestar mental do alumnado do IES A Sangriña

- Anuncio -spot_img
  • O programa dirixido pola psicóloga Andrea Iglesias refórzase este ano cunha charla para as familias

Este ano volve o programa “Eu Saudable Mente” ao IES A Sangriña. Tras os bos resultados e boa acollida do proxecto o ano pasado, este 2026 a OMIX do Concello da Guarda aposta de novo polo benestar mental do alumnado.

Nas diferentes xornadas do proxecto, os e as participantes enfocaranse na intelixencia emocional, no desenvolvemento da autoestima, na sexualidade positiva e na reflexión do uso das redes sociais. O programa conta con tres sesións para o alumnado de 1º e 2º da ESO e unha sesión para 3º e 4º da ESO.

A psicóloga Andrea Iglesias, dirixe esta actividade, que busca ser “participativa con dinámicas diferentes e tamén escoitando as dúbidas e necesidades do alumnado”. “Ademais, hai que adaptarse ao contexto e as idades e particularidades de cada clase”.

Andrea fai fincapé en temas como o uso das redes sociais para ter “un uso consciente, con análise e crítica da influencia que poden ter na autoimaxe e nas habilidades sociais”. Por iso, esta actividade diríxese á mocidade en idade de desenvolvemento da personalidade, das relacións afectivas e de crecemento.

Como novidade, este ano proponse unha charla para as familias, a fin de mellorar a comunicación entre proxenitores e fillos e fillas, puntualizando varios temas en relación á saúde mental.

Publicacións Relacionadas