Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal abre as portas á memoria coa exposición ‘Voces e raíces’

O Rosal abre as portas á memoria coa exposición ‘Voces e raíces’

- Anuncio -

A mostra, posta en marcha polas estudantes de Belas Artes Sara Cividanes, Yaiza Vila e Nayade Castro, inaugurarase este sábado 11 no salón de exposicións do Concello

Contará cunha presentación amenizada cunha actuación musical e unha mesa redonda sobre memoria histórica con Silverio Rivas, Bieito Alonso, Helena Pousa e Moncho Leal

Mergullarse na memoria para ollar ao pasado e ao futuro. Con ese obxectivo nace ‘Voces e raíces’, unha mostra artística que chega esta fin de semana ao Rosal da man de tres novas creadoras: a rosaleira Sara Cividanes, a tomiñesa Yaiza Vila e a vasca Nayade Castro. As tres estudantes de Belas Artes na Universidade de Vigo fan a súa primeira incursión no mundo artístico cunha exposición colectiva que poderá visitarse de balde os días 11, 12, 18 e 19 de xaneiro e que acollerá ademais outras actividades paralelas.
A mostra inaugurarase este sábado 11 ás 16.30 horas cunha presentación do proxecto que estará amenizada pola frautista Ana Domínguez e a pianista Viktoriia-Nadiia Salo. A actividade continuará ás 17.30 horas cunha mesa redonda sobre memoria histórica na que participarán Silverio Rivas, Bieito Alonso, Helena Pousa e Moncho Leal, que acompañarán ao público nunha reflexión colectiva sobre o valor da memoria.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou a relevancia desta iniciativa. “Esta exposición é un exemplo de como a mocidade pode liderar proxectos que nos fan pensar, que nos conectan coas nosas raíces e que, ao mesmo tempo, nos empuxan cara ao futuro. Para O Rosal é un orgullo poder ser punto de encontro entre arte e memoria”, salientou.
‘Voces e raíces’ recolle o traballo de 14 artistas que a través de obras pictóricas, fotografías, creacións audiovisuais ou fancines afondan sobre a memoria como concepto, combinando perspectivas íntimas e colectivas. Deste xeito, o público poderá ver a obra de Ada Pérez, Ana Llegue, Antía Rodríguez, Carlota Montes, Carolina Ferro, Chuvia Lago, Claudio Sanemetrio, Lucía Ladero, Lucía Rodríguez, María Dueñas, Marta Díaz, Mónica Pérez, Raquel Rodríguez e a propia Nayade Castro.
Tras a súa inauguración este sábado 11 a mostra poderá visitarse tamén os días 12, 18 e 19 de xaneiro de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas. Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a asistir á inauguración e a descubrir unha exposición que promete facer pensar e reflexionar.

Relacionadas

Luis López celebra o inicio das obras de humanización da Praza Victoria Cadaval de...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, participa na posta en marcha dun proxecto valorado en 580.000 euros e financiado...

A Deputación levará este domingo a máis de 130 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario...

O programa Máis Emprego de COGAMI pecha 2024 con 323 persoas atendidas e o...

0
COGAMI vén de finalizar con éxito a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Máis Emprego, desenvolvido en Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo....

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

O Porriño reunirá a 16 agrupacións no tradicional Certame de Rondallas

0
● Será o domingo 12 de xaneiro a partir das 17:30 h no pavillón municipal Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu...

O Rosal comeza o ano cunha visita da unidade móbil de doazón de sangue

0
Estará situada o luns 13 de xaneiro na rúa Ramón Franco, 4, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h O Rosal comeza...

Publicacións Relacionadas