Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal honra a Rafael, Roberto e Pascual polos seu gran de...

O Rosal honra a Rafael, Roberto e Pascual polos seu gran de area na recuperación de Valencia

- Anuncio -

A alcaldesa entregoulles unha placa de agradecemento aos voluntarios de Protección Civil que se desprazaron ata a zona afectada pola DANA e ao dono dun taller que doou o material necesario para a reparación dos pneumáticos danados polo barro

A solidariedade non entende de distancias e, para mostra, o exemplo dado por Rafael, Roberto e Pascual, que demostraron que arrimar o ombro é o único camiño tras unha catástrofe como a causada pola DANA o pasado mes de outubro en Valencia. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, entregou este mércores unha placa de agradecemento a estes tres veciños do Rosal pola súa contribución, esforzo e compromiso coa recuperación da zona afectada.
Rafael Gil e Roberto Gómez foron os dous voluntarios de Protección Civil do Rosal que se desprazaron ata Valencia para ofrecer os seus servizos en plena emerxencia. Partiron cara a Valencia coa pick up cargada de torres de iluminación, bombas de achique de gran caudal e material de limpeza para achegar o seu gran de area nun escenario cheo de barro e escombros. Pola súa banda, Pascual Gil, dono de MGV Automoción, xogou un papel igualmente importante ao proporcionar todo o material necesario para reparar os pneumáticos de vehículos, xa que entre os estragos provocados pola DANA hai unha avalancha de pinchazos de rodas. Recolleu o recoñecemento no seu nome a súa irmá, Loli Gil.
“Este tipo de actos son os que realmente definen a forza da nosa comunidade. Rafa, Roberto e Pascual amosaron dende o primeiro momento a súa disposición a axudar e colaborar dalgún xeito con Valencia e dende o Concello só podemos estar infinitamente agradecidos. Esta placa que hoxe lle entregamos é unha pequena mostra do noso recoñecemento a súa xenerosidade”, louvou a rexedora.

Relacionadas

Marín Gaming: o evento para os amantes dos ESports que recalará tamén nos institutos...

0
Será na Carpa do Parque Eguren o venres 6 e o sábado 7. Xogos de mesa durante todo o día, wargames, obradoiros de pintura,...

Inminente licitación da obra do novo centro de coidados intermedios no Rebullón

0
-          Prevese que os traballos de construción comecen durante o primeiro trimestre do vindeiro ano 2025 -          A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá no...

O PP de Pontevedra esixe limpeza e mantemento en Monte do Taco

0
O Partido Popular de Pontevedra esixiu que se realicen tarefas de limpeza e mantemento na contorna de Monte do Taco. A concelleira Silvia Junco...

Os nenos e nenas do Porriño coñecen o seu concello a través da lingua

0
● Máis de 170 pequenos/as participan nestas visitas guiadas nas que coñecen o traballo diario do Concello coa lingua galega como elemento catalizador O Concello...

A Deputación de Pontevedra confirma que a provincia liderou en outubro o ranking de...

0
Os datos do Instituto Nacional de Estatística confirman que o turismo estranxeiro segue a medrar, cun 6% máis de visitantes que en outubro de...

O concello de Nigrán acende as luces de Nadal este sábado con concerto de...

0
A festa comezará ás 18:00 horas na Praza do Concello ou no Auditorio Municipal en caso de choiva O Concello de Nigrán dará á benvida...

Publicacións Relacionadas