- O Concello de Arbo, homenaxea aos matrimonios que celebran as súas vodas de ouro nun acto emotivo o 3 de agosto na Praza do Concello ás 21:00 horas
- Matrimonios arbenses daranse cita para ser galardonados polos seus 50 anos de amor
- O Concello agradece aos matrimonios participantes neste acto por permitir ser historia nas súas vidas.
- Contamos coa actuación Do grupo “XAIBA”
Xa fai máis quince anos que o concello de Arbo, organiza as Vodas de Ouro, galardoando a todas as parellas da localidade que cumpren 50 anos de casados.
Matrimonios arbenses daranse cita para ser galardoados polos seus 50 anos de amor, convidados polo Concello o vindeiro 3 de agosto ás 21:00 horas na Praza do Concello.
Ao acto acudirán os matrimonios e outras parellas recibirán a visita do Alcalde no seu domicilio ao non poder acudir ao acto por motivos persoais. Neste evento preténdese recoñecer que o Amor pode durar a través dos anos e manterse vivo, se a comprensión, devoción e agarimo vaise coidando cos anos. Para estas parellas participantes adoita ser un momento moi emotivo e significativo.
O Concello e todas as persoas organizadoras do evento, sentense orgullosas de poder realizar este merecido homenaxe en nome de todos os vosos veciños e veciñas, ofrecéndo o mellor agasallo que podemos adicar, unha mostra do respecto, a admiración e o cariño que profesan estes matrimonios, xunto coa vosa familia e seres queridos, toda á sociedade arbense.
Nas vodas de ouro celébrase, de novo, o amor, pero, sobre todo ese amor, dedícase as persoas importantes, a aqueles que nos acompañaron durante todos estes anos, axudándonos a facer, da vida, un recuncho máis agradable e aos que, coa súa nova presenza, conseguiron que nos convertamos nunha familia.– manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil – que sempre se sentiu emocionado neste acto.
Durante o evento, os matrimonios poderán desfrutar da actuación de “Xaiba”, grupo musical galego que fará desfrutar aos presentes nun acto emotivo e festivo.
Da man do alcalde, os homenaxeados recibirán un pin co escudo do Concello no caso dos homes e un ramo de frores no caso das mulleres, así como unha placa conmemorativa que lles recorde o seu paso por este evento.

