Home Pontevedra O Salnés O BNG de Sanxenxo denuncia as mentiras do Partido Popular sobre a...

O BNG de Sanxenxo denuncia as mentiras do Partido Popular sobre a ‘Reforma Pantasma’ da Avenida de León

- Anuncio -

O grupo municipal nacionalista lembra que no Pleno ordinario celebrado a principios de outubro o Goberno de Telmo Martín impediu debatir unha moción do BNG sobre este tema, argumentando que a rehabilitación integral deste tramo da PO-308 sería unha realidade a principios de 2024. A día de hoxe, nin tan sequera se fixo público o suposto proxecto nin a súa licitación.

Fran Leiro advirte de que este é o ‘modus operandi’ do señor Telmo Martín: “botar abaixo demandas e propostas a base de mentiras”, algo que é “sumamente grave, especialmente cando está en xogo a seguridade peonil”

O grupo municipal do BNG de Sanxenxo denuncia a falta de transparencia e as mentiras promovidas desde o Goberno local do Partido Popular con respecto a unha presunta mellora integral da Avenida de León, que o equipo liderado por Telmo Martín prometeu que estaría feita a principios deste 2024. “A realidade é que a día de hoxe, xa case en marzo, non só non se acometeu ningún traballo neste tramo da PO-308, senón que nin tan sequera coñecemos detalles dese proxecto pantasma”, denuncia o voceiro, Fran Leiro.

A situación de perigosidade na que se atopa esta céntrica vía, que chega ata a Rúa Progreso desde Bordóns e Nanín, foi denunciada en varias ocasións polos nacionalistas, que se fan eco das queixas e preocupacións de numerosas persoas residentes na contorna. A ausencia de luminarias de calidade pola noite, o estado dos pasos de peóns, a falta de visibilidade e o exceso de velocidade provocan que un acto tan cotiá como cruzar a rúa para tirar o lixo supoña un auténtico perigo. A última vez que o BNG abordou esta cuestión foi no Pleno ordinario de outubro de 2023, cando presentou unha moción para instar á Xunta de Galicia a que mellora este tramo da PO-308. A proposta nin sequera puido ser debatida pola oposición do Partido Popular, que alegou que xa existía un proxecto para actuar entre Bordóns e a Rúa Progreso e que se acometería a principios de ano. “A tenente de alcalde, María Deza, mesmo chegou a falar dun investimento de 300.000 euros, do que nada sabemos. A día de hoxe non temos constancia de que existe ningún proxecto e, por suposto, a avenida, unha das máis transitadas de Sanxenxo, segue a contar coas mesmas carencias, que non poden ser solucionas con pequenos arranxos puntuais”, lamenta Fran Leiro.

Tal e como recordan os nacionalistas, non é a primeira vez que o Partido Popular e o señor Telmo Martín “botan balóns fóra” cando se denuncia a necesidade de acometer obras que son responsabilidade da Xunta de Galicia. “O PP bota abaixo as nosas propostas negando a maior e despois facendo pequenas ‘chapuzas’, ou directamente non actúa. E o que non pode esquecer o señor alcalde é que as reivindicacións que realiza o BNG son demandas que nos traslada directamente a veciñanza”, advirte Leiro, que pon como exemplo de situación similares a inacción da Xunta de Galicia a promesa incumplida da ampliación do Centro de Saúde de Baltar ou a rehabilitación integral do pavillón da Florida. No caso da Avenida de León, a negativa do Partido Popular a apoiar a demanda non é nova, posto que xa no mandato anterior tamén votaron en contra, alegando que estaban a traballar para mellorar a seguridade. “Pero a realidade é que o señor Martín minte e a falta de seguridade e os sustos e incidencias derivadas da mesma seguen a ser tónica habitual na Avenida de León”, conclúe Fran Leiro.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas