O Servizo de Axuda no Fogar do concello do Porriño terá un protocolo de actuación para situacións de riscos psicosociais

Redacción
Lectura mínima de 5

O pleno do Concello aprobou este luns por unanimidade adxudicación do servizo á empresa Attende Care S.L.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destaca que a nova adxudicación realizouse para dar resposta ás demandas das traballadoras e as persoas usuarias, e introduce avances tanto cualitativos como cuantitativos no servizo. A eles seguira unha modificación da ordenanza, unha vez se implante o novo protocolo da Xunta.

Na actualidade hai 107 usuarios no servicio, 96 na modalidade de dependencia e 11 de servicio de axuda no fogar de modalidade básica, pero están a piques de dar novas altas, xa que hai disponibilidade de horas para novas incorporacións.

O Concello do Porriño aprobou por unanimidade este luns a adxudicación á empresa Attende Care S.L. do Servizo de Axuda no Fogar ao ter conseguido a máxima puntuación de todas as que se presentaron, incluíndo na súa proposta un “protocolo de actuación en situacións de riscos psicosociais”, no que se contempla, entre outras medidas, a presencia de dous auxiliares en domicilios con algún tipo de complexidade.

Así, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo, “o concello segue a velar polas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) coa posta en marcha deste novo contrato cun importe de licitación total de 2.826.777,60 euros e que recolle as achegas feitas pola representación sindical, integrando propostas para garantir unha mellora real das condicións laborais”.

Outro dos cambios máis significativos é que os medios materiais, antes considerados como melloras optativas, pasan agora a ser de obrigado cumprimento para a empresa adxudicataria.

Isto inclúe a dotación de roupa de traballo e axudas técnicas como camas hospitalarias, grúas, cadeiras de ducha ou andadores.


Neste apartado, tamén se inclúe o local de referencia, a sede da base operativa do programa que ten a obriga de estar situado no Concello do Porriño e unha aplicación informática para a xestión e o intercambio habitual da información do servizo co departamento municipal responsable.

Tamén neste sentido, os pregos indican que a empresa adxudicataria deberá efectuar unha avaliación completa dos riscos laborais que afectan ás persoas traballadoras no desenvolvemento das súas tarefas, a cal deberá levarse a cabo por parte dun técnico debidamente cualificado en prevención de riscos laborais.

O alcalde Alejandro Lorenzo destaca que a nova adxudicación realizaouse para dar resposta ás demandas das traballadoras e as persoas usuarias, e introduce avances tanto cualitativos como cuantitativos no servizo. A eles proseguirá unha modificación da ordenanza, unha vez se implante o novo protocolo da Xunta

Actividades del ocio e formación

Ademais a nova adxudicataria comprométese a destinar 160 horas ao ano para actividades de ocio, co persoal coordinador e auxiliar de axuda domiciliaria; a realizar un plan de formación inicial de 60 horas para todo o persoal auxiliar que se incorpore ao SAF; a realizar como servizos complementarios 50 horas ao ano de fisioterapia, 50 horas ao ano de podoloxía e 50 horas ao ano de limpeza de choque, sen custe adicional para o Concello.

No apartado económico, os novos pregos supoñen un incremento do 16% nos prezos unitarios por hora, fixando as tarifas en 26,10 €/h para a modalidade básica e 24,55 €/h para a modalidade de dependencia.

Persoas usuarias

Actualmente, no SAF hai 107 usuarios no servicio, 96 na modalidade de dependencia e 11 de servicio de axuda no fogar de modalidade básica, pero están a piques de dar novas altas, xa que hai disponibilidade de horas para novas incorporacións.

No 2025 atendéronse, en total, a 137 usuarios de dependencia, con 56.473,28 horas prestadas, e a 13 usuarios do SAF básica, con 2779,37 horas.

A nova empresa resultou adxudicataria tras acadar 86,90 puntos no proceso de licitación. Todos os grupos políticos estiveron de acordo na solvencia da proposta e a aprobación fíxose por unanimidade.

Comparte este artigo