Desde o BNG lamentamos que unha vez o PP xogue ao despiste cos nosos veciños e veciñas, anunciando obras e servizos que logo quedan en nada.
No mes de xaneiro deste ano, no centro de saúde do noso concello, desembarcaron unha morea de cargos institucionais do PP, entre eles o Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde, Gonzalo Louzao. A visita era para anunciar a posta en marcha dun sistema de hemodiálise intermedia no noso concello, co cal os doentes poderían recibir o tratamento na súa propia casa, logo da formación correspondente no centro de saúde.
Se vén é certo que para realizar a diálese na casa tiña que darse unhas circunstancias persoais determinadas, isto evitaríalle aos doentes ter que desprazarse a Santiago de Compostela.
A cuestión é que a día de hoxe, e a pesar dos anuncios, os doentes seguen indo ao clínico, e as obras prometidas para ubicar este servizo pioneiro, así como o persoal do SERGAS para formar ao persoal do centro de saúde, brillan pola súa ausencia.
Desde o BNG lamentamos que unha vez o PP xogue ao despiste cos nosos veciños e veciñas, anunciando obras e servizos que logo quedan en nada. Iso si, o anuncio deu para que os cargos do PP, entre eles o alcalde, sacasen a súa correspondente foto, pero para nada máis.
Este comportamento do PP demostra a falta de sensibilidade cos doentes que reciben o tratamento de hemodiálese. Eles e elas realizaron unha intensa campaña de recollida de sinaturas para reclamar este servizo para o noso concello, e non é de recibo que desde a Xunta incumpran a palabra dada.
Desde o BNG reclamamos do PP menos fotos e máis servizos sanitarios para os nosos veciños e veciñas. E instamos ao alcalde a que levante o teléfono para reclamar as promesas feitas polos goberno amigo de San Caetano.
Por outra parte, tamén lamentamos que tratamento de segunda que dispensa o “goberno amigo de San Caetano” o noso concello. O servizo de hemodiálese intermedia só é válido para un determinado número de persoas, pero non para todos. É dicir, con este servizo os doentes terían que facer a hemodiálese nas súas casas, non no centro de saúde, ao coidado de profesionais. Non ocorre o mesmo no concello de Lalín, onde os doentes si reciben o tratamento no centro de saúde.