Home Pontevedra O Skatepark de Redondela acolle un Torneo de Baloncesto 3x3

O Skatepark de Redondela acolle un Torneo de Baloncesto 3×3

- Anuncio -

– Será o sábado 31 de agosto, desde as 10.00 ata as 21.00 horas. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, anima á veciñanza a achegarse a este evento, que será “moi dinámico” e que busca “promover o deporte ao aire libre e o ocio saudable entre a mocidade”.

O sábado, 31 de agosto, o Skatepark de de Redondela acolle un Torneo de Baloncesto 3×3 coa participación de 14 equipos. A cita, organizada polo Concello de Redondela coa colaboración do Club de Baloncesto Redondela, contará cuns 60 participantes. Os partidos disputaranse ao longo de todo día, desde as 10.00 ata as 21.00 horas, aproximadamente. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, presentou esta mañá o torneo xunto a Raúl Berdomás, Lucas Camiño, Pablo Domínguez e Iván Vilas, organizadores desta cita deportiva, aos que agradeceu a súa colaboración. Valles anima á veciñanza a achegarse a este evento, que será “moi dinámico” e que busca “promover o deporte ao aire libre e o ocio saudable entre a mocidade”.

O baloncesto 3×3 é unha modalidade do baloncesto que se xoga nunha soa canastra e con tres xogadores por equipo. Trátase dunha disciplina deportiva en constante crecemento e popularidade en todo o mundo, especialmente desde que se impulsaron as competicións oficiais internacionais, así como a súa inclusión nos Xogos Olímpicos.

No Torneo de Balocesto 3×3 de Redondela haberá dous premios en metálico, con 300 euros para o equipo gañador e 100 euros para o segundo clasificado.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas