O talento de Baiona brilla no mundo da patinaxe

adminON
Lectura mínima de 1

O alcalde Jesús Vázquez Almuiña, xunto a varios concelleiros do seu equipo de goberno, recibiron no Concello aos novos patinadores, Gael de 9 anos e Xiana de 17 anos, veciños de Belesar e membros do Club de Patinaxe de Gondomar, polo gran ano que supuxo para eles deportivamente este 2025.

Gael conseguiu ser bicampión galego, subcampión de España e clasificouse para o Campionato de España e a Copa de Europa, pola súa banda, Xiana é campioa do mundo en cuarteto, tricampióna/tricampioa galega e clasificada tamén para a Copa de Europa, co gran reto de revalidar o seu título mundial en China este outubro.

O Concello de Baiona destaca o seu esforzo, dedicación e talento, e fai un chamamento ao apoio para estes futuros grandes deportistas, xa que o esforzo que soportan as súas familias é elevado, pois a súa participación en competicións internacionais supón un importante esforzo económico.

“O éxito destes irmáns é un reflexo da súa disciplina e da súa paixón polo deporte, pero tamén supón un reto colectivo: o de acompañalos e respaldalos para que poidan seguir levando o nome de Baiona con orgullo a nivel internacional”, sinalou o alcalde.

Comparte este artigo