HomePontevedraO CondadoComeza o verán e as actividades para nenos, nenas e adolescentes en...

Comeza o verán e as actividades para nenos, nenas e adolescentes en Salvaterra do Miño

- Anuncio -spot_img

Este martes arrancaban as diferentes actividades e campus de conciliación que oferta este verán o Concello de Salvaterra de Miño.

Por un lado, o Campus de Conciliación con preto de 200 nenos e nenas desde os 4 ata os 12 anos, e que terá lugar nos meses de xullo e agosto entre as 09:00 e as 14:00 horas no C.E.I.P Plurilingüe Infante Felipe de Borbón. Durante o verán os nenos e nenas desfrutarán de actividades ó aire libre, manualidades, cociña, saídas, día da roda, de hinchables e moito máis.

Ademais este ano tamén levamos o Campus de Conciliación temático a través do Plan Corresponsables “Acompañámoste”, en 4 quincenas diferentes: Multideporte, Coñecendo a contorna, Aprendemos no verán e Semana da ciencia.

Esta primeira quincena xa arrancou con 30 nen@s de 10 a 16 anos nas instalacións deportivas de O Casal e no Pavillón Cándido Carrera, onde se levarán a cabo diversos deportes e xogos divertidos, que axudarán ó estado de forma dun xeito lúdico, fomentando a motricidade individual e o xogo en equipo.

E como non pode faltar no verán, o xa habitual Campamento de Natación na piscina municipal durante os meses de xullo e agosto, que xa conta coa inscrición de 78 nen@s en xullo e levando xa a dia de hoxe 65 para agosto.
Verán completo que xunto as actividades propias do Verán Cultural, fan de Salvaterra un lugar atractivo e con moita oferta cultural e deportiva para todas as idades.

Publicacións Relacionadas