HomePontevedraCaldasO tecido educativo de Caldas de Reis conmemora Día da Árbore coa...

O tecido educativo de Caldas de Reis conmemora Día da Árbore coa plantación de máis de 100 exemplares de diferentes especies

- Anuncio -spot_img
  • O alcalde, Jacobo Pérez, e o edil de Medio Ambiente, Juan Carlos Ortigueira, participaron na actividade, que estivo supervisada por axentes forestais de Medio Rural
  • Esta cita leva máis de dúas décadas desenvolvéndose e serviu para que o rural conte con máis de 10.000 árbores en distintas áreas
  • Un ano máis, e xa van máis de dúas décadas, o Concello de Caldas de Reis volcouse na conmemoración do Día Internacional Forestal (coñecido tamén como Día da Árbore), implicando ao tecido educativo do municipio. Alumnado
    do IES Aquis Celenis e do CEIP San Clemente de César participaron hai uns días nos traballos de prantación de 100 exemplares, de diferentes especies, mantendo así esta tradición. A actividade adiantouse uns días, debido ás predicións meteorolóxicas. Alí estiveron presentes o alcalde, Jacobo Pérez, e o concelleiro responsable da área de Medio Ambiente, Juan Carlos Ortigueira. Durante a xornada, que se
    Concello de Caldas de Reis Rúa Ferreira, 1
    alcaldia@caldasdereis.gal Tel. 986540110

NOTA DE PRENSA

desenvolve en colaboración coas Comunidades de Montes da vila, procedeuse á plantación de madroños, castiñeiros, cerdeiras e nogueiras. Tal e como lembraron os responsables do Goberno local, esta actividade comezou a realizarse a principios dos 2000 e serviu para poboar o rural de Caldas de Reis con máis de 10.000 exemplares
de árbores.
Á hora de realizar estes labores, os alumnos e alumnas seguiron as instruccións de varios comuneiros e dos axentes forestais da Consellería de Medio Rural que, un ano máis, participaron na actividade. O alcalde agradeceu o seu compromiso e interese á hora de transmitir os seus coñecementos para manter viva unha tradición que “non só serve para continuar concienciado ás futuras xeracións da necesidade de respectar o medio ambiente, senón que tamén é unha actuación que axuda a potenciar o pulmón verde de Caldas de Reis”. A cita tamén incluíu unha pequena demostración por parte dos axentes do funcionamento dos vehículos e dos equipos dos que fan uso á hora de extinguir lumes.
O Concello de Caldas de Reis salienta a implicación do tecido educativo e das Comunidades de Montes neste tipo de iniciativas e confirma que continuarán celebrándose no futuro.

Publicacións Relacionadas