– Grazas á implementación da técnica do trampeo o ciclo vital da velutina interrómpese. Os traballos realízanos os técnicos do SEIS, con trampas que se colocan de xeito selectivo desde finais de febreiro até finais de maio. É importante que estas trampas se coloquen nesta época do ano para evitar o impacto noutras especies.
– O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, fai un chamamento á cidadanía para que se localizan niños de velutinas se poñan en contacto co Concello de Redondela. Os técnicos valorarán a situación e implementarán a técnica máis axeitada para eliminalo.
Persoal do servizo de emerxencias do Concello de Redondela traballa desde hai días no trampeo e eliminación de niños da perigosa avespa velutina. A técnica do trampeo para eliminar os niños reduciu significativamente a reprodución desta especie. Esta práctica, que comezou a implementarse en Redondela no ano 2020, está a cargo do SEIS (Servizo de Extinción de Incendios Concello de Redondela). Os traballos fanse durante o inverno e a primavera, porque as velutinas viaxan desde febreiro ata maio para construír o novo niño secundario. É neste período do ano cando é máis efectivo actuar. No caso de Redondela, grazas á implementación da técnica do trampeo, o ciclo vital da velutina interrómpese. A trampas póñense de xeito selectivo en zonas de auga e alimentos. As trampas son reutilizables e colócanse desde finais de febreiro até finais de maio, en función das condicións ambientais e climatolóxicas, para ser máis efectivas. É importante que estas trampas se coloquen nesta época do ano para evitar o impacto noutras especies.
O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, fai un chamamento á cidadanía para que se localizan niños de velutinas se poñan en contacto co Concello de Redondela. Os técnicos valorarán a situación e implementarán a técnica máis axeitada para eliminalo.