O VI Concurso de Rondallas da Área de Vigo reunirá a máis de 1200 rondalleiros este domingo

adminON
Lectura mínima de 4

• 15 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra


• Será o domingo 14 de xaneiro, a partir das 17 h, no IFEVI

O IFEVI acolle este domingo 14 de xaneiro a sexta edición do Concurso de Rondallas organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputacion de Pontevedra.
O recinto feiral abrirá as súas portas para recibir aos/as máis de 1200 rondalleiros/as que participarán nesta tradicional mostra. Serán un total de 15 agrupacións da zona sur de Pontevedra as que actuarán e o farán na seguinte orde: 1-Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui), 2-Rondalla do C.S.C.R. de Beade (Vigo), 3-Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas (O Porriño), 4-Rondalla C.C.A.R. de Valladares (Vigo), 5-Rondalla Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar), 6-Rondalla Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (Mos), 7-Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos), 8-Rondalla Asociación Cultural e Social de Herville (Mos), 9-Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), 10-Rondalla San Mamede de Zamáns (Vigo), 11-Rondalla de Freixo (Vigo), 12-Rondalla do Centro Cultural Recreativo e Deportivo Helios de Bembrive (Vigo), 13-Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios (O Porriño), 14-Rondalla Santiago de Parada (Nigrán) e 15-Rondalla Nosa Merced de Chaín (Gondomar).
Cada rondalla terá un tempo máximo de actuación de 12 minutos e nese tempo mostrarán o traballo feito tanto a nivel musical como a nivel de coreografía e movemento en pista.
Este ano , a diferencia do ano anterior, recuperase o formato de concurso no cal contaremos con dous grupos de xurados os cales y 5 persoas entendidas da materia xuzgaran os conxuntos de abandeirados e outros 5 membros relacionados coa musica xuzgarán as distintas Rondallas.
Otorgaranse 5 cinco primeiros premios para ambas agrupacions, conxunto de abandeirados e rondallas.
A rondalla gañadora percibirá un premio de 900 eur e volverá a repetir a sua actuacion o final do acto.
O conxunto de abandeirados que quede no primeiro posto percibirá un premio economico de 500 euros.
Dende a organización lembran que as entradas están á venda ao prezo simbólico de 3 euros, podendo adquirirse nas sedes das rondallas participantes e no centro de Vigo na Librería-Papeleria TECNIC na rúa Teófilo Llorente, 20 (Vigo).
As entradas sobrantes poranse a venda na taquilla do propio IFEVI a partires das 15:00h o propio dia do evento.
O aforo é limitado e as cadeiras ocuparanse por orde de chegada. Cabe destacar que posuír unha entrada garante o acceso ao evento pero non un asento.
O presidente da Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, Serafín Rodríguez, convida á veciñanza a disfrutar “desta cita anual que nos axuda a manter viva esta tradición tan arraigada no sur da provincia” e ademais “permítenos mostrar o noso traballo no mellor dos escenarios: o do entusiasmo compartido por rondalleiros/as e público que cada ano anega o recinto feiral”.
Horario e orden actuacion:

Comparte este artigo