O voluntariado de Resetea en Ponteareas realizou intervencións de mellora ambiental na contorna da Freixa

adminON
Lectura mínima de 2

• Chegados de Álava, Badajoz, Madrid, Valencia, Pontevedra e A Coruña estes voluntarios realizaron unha intervención para a mellora ambiental e patrimonial

• Acompañados de monitoras coñeceron Ponteareas e a súa contorna

Cartografado da flora exótica invasora presente na contorna da praia da Freixa, limpeza da fonte da Freixa e retirada de residuos da praia e cámping da son algunhas das actividades medioambientais que realizaron as doce mozas e mozos do primeiro proxecto de campo “ReseTea en Ponteareas”.

Chegados de Álava, Badajoz, Madrid, Valencia, Pontevedra e A Coruña estes voluntarios realizaron unha intervención para a mellora ambiental, patrimonial e do uso público da contorna da praia fluvial da Freixa titorizados por Manuel Allegue, director do campo de voluntariado e o técnico municipal de medio ambiente, Rubén Villasenín.

A alcaldesa Nava Castro agradeceulles hoxe en persoa o traballo realizado e felicitounos por comprometerse con este proxecto que persegue unha mellora e protección dun espazo medioambientalmente rico que alberga importantes valores ambientais e ecolóxicos e promove uns servizos ecosistémicos que son de vital importancia protexer, motivo polo que está recoñecida como Zona de Especial Conservación (ZEC), dentro da Rede Natura 2000, a maior figura de conservación da natureza a nivel Europeo.

Explica a concelleira de Medio Ambiente, Silvia F. Táboas, que os obxectivos deste proxecto foron a conservación medioambiental, o fomento da participación cidadá e a promoción da biodiversidade.  Ademais acompañados das e dos monitores e do equipo técnico visitaron o Castelo do Sobroso, a Picaraña, o Castro de Troña, o mirador de San Cibrán e os seus penedos, a praia de San Roque, a da Ponte das Partidas e coñeceron a cultura e tradicións de Ponteareas. Tamén tiveron tempo para coñecer o Val Miñor, desfrutar das termas de Salvaterra de Miño, visitar miradores da Ribeira Sacra, camiñar polo monte Aloia e visitar o balneario de Mondariz Balneario.

Comparte este artigo