HomeVigoBaionaObradoiro de Arteterapia “Protagonistas”

Obradoiro de Arteterapia “Protagonistas”

- Anuncio -spot_img

A concellería de igualdade do Concello de Baiona, abre o prazo para participar no obradoiro de arteterapia “Protagonistas” que se desenvolverá no Multiusos de Sabaris o 20,25 e 27 de marzo en horario de 10:00 a 13:00h.

O obradoiro impartido pola artista multidisciplinar Irene Silva, dirixido a mulleres, ten como obxectivo aprender, sensibilizar e practicar a intelixencia emocional como ferramenta para o empoderamento.

Traballaranse conceptos clave para identificar os estereotipos de xénero e a participación activa dun proceso creativo con perspectiva de xénero.

A actividade é gratuíta, enmárcase no programa Baiona Lila, subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco da liña dúas do Plan Más Provincia 2025. Más información e inscrición, a través do teléfono 986 35 75 54 ou do correo electrónico cim@baiona.gal

Publicacións Relacionadas