Home Pontevedra Baixo Miño Os ‘Cafés en Igualdade’ regresan cunha ollada feminista e espazo para o...

Os ‘Cafés en Igualdade’ regresan cunha ollada feminista e espazo para o cambio

- Anuncio -

O vindeiro xoves 30 de xaneiro arrancan cinco novas charlas para reflexionar sobre igualdade, coidados e feminismo

O novo ano comeza con ollada feminista nunha nova tempada dos ‘Cafés en Igualdade’ que regresan este mes de xaneiro ao Rosal para ofrecer un espazo de aprendizaxes e reflexión sobre a igualdade de xénero, os coidados e o feminismo dende diferentes perspectivas e achegándose a situacións da vida cotiá da veciñanza.

O proxecto, impulsado polo Concello, volverá aos barrios o último xoves de cada mes para fomentar o pensamento crítico e a reflexión colectiva. A primeira cita será o vindeiro 30 de xaneiro no Floro, en Marzán, cunha charla para pensar e debater sobre ‘O patriarcado. Un sistema de privilexios’ da man das expertas en igualdade Priscila Retamozo e Cristina Louzán.

Como sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “os ‘Cafés en Igualdade’ son moito máis que simples charlas, son un lugar no que rosaleiros e rosaleiras poden achegar as súas reflexións e sentir que se lles escoita e valora”. “Trátase dun espazo de crecemento persoal e colectivo onde abordar novas ideas e fortalecer o noso compromiso co benestar e a igualdade de toda a veciñanza. Estes encontros axudan a seguir revolucionando mentes ao tempo que afianzan os valores de igualdade que nos deben definir como sociedade”, salientou.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Beatriz Rodríguez, resalta a importancia de manter este tipo de iniciativas, “un espazo no que todos e todas, sen distinción, poidamos afondar en temas que afectan á nosa vida cotiá. Cada sesión está deseñada para crear un espazo seguro no que debater cuestións de interese social e colectivo, fomentando un debate aberto e plural para xerar un cambio real na nosa contorna”.

As charlas deste ano continuarán ao longo de cinco meses abordando temas de gran calado social. Así, o 27 de febreiro o docente Manoel Ucha  falará sobre os ‘Homes feministas’ como aliados na vida, mentres que o 27 de marzo Nuria Martínez e An Diz reflexionarán sobre os coidades e sobre se sempre recaen nas mulleres. En abril, o día 24, a sexóloga Ana Pérez tratará a presión estética e o edadismo en ‘A que tivo, retivo. Mulleres, homes e vellez’. A tempada pecharase o 29 de maio cunha reflexión para tratar de convivir coa imperfección e ‘Transformar a culpa’ coa psicóloga clínica Andrea Iglesias.

Todas as charlas Terán lugar os últimos xoves de cada mes en distintos barrios rosaleiros, serán de balde e estarán abertos a toda a veciñanza a partir das 17.30 horas. O proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024.

Relacionadas

A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 24 e 25 de xaneiro levarán a familias de 15 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel Bienestar Moaña,...

O BNG solicita bautizar o campo de fútbol de Carballedo como “Xosé Luís Bouzas...

0
Ernesto Filgueira insta, ademais, a levar a cabo unhas xornadas deportivas e de divulgación sobre a súa traxectoria a prol do deporte e dunha...

Teatro, danza, música e humor abren o ano no Teatro Municipal de Tui

0
A nova programación, con seis espectáculos, comeza o venres 31 de xaneiro. As entradas estarán á venda en tui.gal a partir deste venres 24 Teatro,...

O Concello de Ponteareas poda as árbores do centro urbano para previr incidencias e...

0
O Concello de Ponteareas informa que nestes días se realizarán os traballos necesarios para a poda das árbores que embelecen o centro urbano....

O Concello de Nigrán continúa este domingo co ‘I Ciclo de Música Clásica’ co...

0
Tocará acompañada do pianista pontevedrés Severino Ortiz ás 20:00 horas no Auditorio con entrada de balde ata completar aforo A seguinte cita será o 1...

Publicadas as bases do Concurso de Carteis da XXX Festa da Lamprea

0
O Concello de Arbo convoca un ano máis o concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX Festa da Lamprea Seca” que terá...

Publicacións Relacionadas