Home Vigo O Porriño Os deseños gañadores do III Concurso de Postais de Nadal reflexan a...

Os deseños gañadores do III Concurso de Postais de Nadal reflexan a identidade local e a maxia destas festas

- Anuncio -

● Uxía Rodríguez, Adriana Mouriño e Cloe González foron as gañadoras das tres categorías coas súas postais

O Concello do Porriño entregou hoxe os premios do Concurso de Postais de Nadal, un certame que recoñece a creatividade da cativada nestas datas tan sinaladas. Na súa terceira edición, o concurso contou coa participación de 42 nenos e nenas de 3 a 14 anos que, coas súas imaxes e mensaxes, souberon plasmar a esencia do Nadal e a identidade do seu concello.

O acto, que tivo lugar na sala de comunicación da Casa Consistorial, estivo presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, quen destacou a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar a participación dos nenos e nenas na vida do Concello. “O Nadal é un tempo de compartir, e este concurso amosa o cariño e a ilusión que as nosas nenas e nenos poñen na súa arte. As postais presentadas reflicten non só a maxia das festas, senón tamén o orgullo de vivir no Porriño”, afirmou Lorenzo.

Pola súa parte, Carolina González, concelleira de Normalización Lingüística e Educación, quixo agradecer a todas as persoas participantes e tamén resaltar a implicación das familias no proceso. “Este concurso é tamén unha forma de afianzar a nosa cultura e tradiciós. Ver como os cativos e cativas se apropian dos símbolos locais para expresar o seu desexo de felicidades no Nadal é un verdadeiro pracer. Neste contexto, celebramos a diversidade de propostas que recibimos este ano”, subliñou González.

Entre as postais gañadoras, as propostas máis innovadoras e significativas reflicten a identidade do municipio, desde o debuxo da Casa Consistorial de Adriana Mouriño ata a entrañable postal de Cloe González Lago, que combinou arte e poesía ao retratar a figura de Papá Noel. Cada unha das postais premiadas transmite tamén o desexo común de benestar e felicidade, nunha celebración que foi máis aló da arte: un acto de orgullo porriñés.
Os premios, que consisten en lotes de material escolar, foron entregados ás/aos gañadoras/es nas tres categorías: de 3 a 6 anos, de 7 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

CATEGORÍA 1: DE 3 A 6 ANOS
● 1º premio á/ao nena/o: Uxía Rodríguez Mouriño (5 anos)
● 2º premio, premio á/ao nena/o: Lía Barreiro Piñeiro (3 anos)
● 3º premio, premio á/ao nena/o: Uxía Pérez Alonso (5 anos)
CATEGORÍA 2: DE 7 A 11 ANOS
● 1º premio á/ao nena/o: Adriana Mouriño Domínguez (9 anos)
● 2ºpremio, premio á/ao nena/o: Thelma Táboas Fernández (7 anos)
● 3º premio, premio á/ao nena/o: Cloe Ferreirós Rodríguez (10 anos)
CATEGORÍA 3: DE 12 A 14 ANOS
● 1º premio á/ao moza/o: Cloe González Lago (13 anos)
● 2º premio, premio á/ao moza/o: Martín Soto Pérez (13 anos)
● 3º premio, premio á/ao moza/o: Sara Estévez Dauzón (12 anos)

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas