Home Pontevedra Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia Calidade

- Anuncio -

Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables da destilería Pazo de Valdomiño, nas súas instalacións de Goián (Pontevedra), para facerlles entrega do certificado de uso da marca de garantía da Xunta de Galicia que pon en valor o esforzo pola elaboración de licores de calidade procedentes das súas 35 hectáreas no Baixo Miño.

No acto de entrega do certificado, a responsable do organismo dependente de Turismo de Galicia puntualizou que a posesión do selo de garantía permitirá á empresa engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial, así como incluír a nova sinalización na súa fachada.

Pazo de Valdomiño é unha destilería que desde 1996 basea a súa diferenciación na calidade das materias primas seleccionadas das pequenas adegas da contorna da subzona do Rosal (adscrita a Denominación de Orixe Rías Baixas). Así mesmo, esta calidade reflíctese na elección de herbas, froitas ou café empregados. O Oruxo Branco, o Licor de Herbas e o Licor Café de Fonte do Frade están amparados pola indicación xeográfica outorgada polo Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Nesta xuntanza, Ana Méndez destacou a aposta pola excelencia desta compañía e do conxunto das 168 empresas adheridas que contan co selo de garantía, con máis de 850 produtos e servizos certificados, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

Publicacións Relacionadas