– A Agrupación do PSdeG de Redondela denuncia que os orzamentos da Xunta para o ano 2026 esquecen un ano máis este municipio. Entre as demandas que o PSdG presenta ás contas están “servizos prioritarios para a cidadanía como a Escola Infantil de Chapela” e investimentos que a Xunta anunciou hai anos como a segunda fase da avda de Vigo ou o comedor do CEP Santa Mariña.
– As contas do goberno galego inclúen unha partida de 670 millóns de euros para financiar ás entidades locais “pero curiosamente o Concello de Redondela, que é o cuarto da provincia en poboación, non aparece por ningún lado”, denuncia a secretaria xeral do partido, Digna Rivas.
A Agrupación do PSdeG de Redondela cualifica os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2026 como “unha burla para o Concello e unha falta de respecto total para os veciños e veciñas do cuarto municipio da provincia”. A secretaria xeral do partido, Digna Rivas, denuncia que unha vez máis a Xunta de Galicia “borra do mapa a Redondela” e non consigna “nin só euro para atender as necesidades deste municipio e da súa cidadanía”. Rivas lembra que hai servizos “prioritarios” que a propia Xunta anunciou hai anos como a Escola Infantil de Chapela “e nos orzamentos non aparece”. É unha demanda histórica que segue sen ter resposta por parte da Xunta. Chapela é un gran núcleo de poboación con 9.000 habitantes “e precisa un centro para crianzas de 0 a 3 anos”. Deixar a Chapela unha veza máis sen fondos para construir unha guardería é especialmente sangrante nesta ocasión, xa que a Xunta de Galicia devolveu este anl máis de 22 millones de euros de fondos europeos que estaban destinados a crear novas escolasla de educación infantil (0-3 años). En materia de Ensino esixen tamén a creación de comedorores escolares na EEI A Marisma e no CEP Santa Mariña. “É dun servizo moi demandado polas familias e outra promesa incumprida da Xunta”. Actualmente, malia ser competencia exclusiva da Xunta, o servizo faise nunhas instalacións cedidas polo Concello.
En materia de Infraestruturas e Mobilidade o PSdeG solicita que se inclúa unha partida para construír a segunda fase da avenida de Vig, en Chapela, desde o Alto da Encarnación tal como comprometeu a Xunta. Demándase tamén a mellora da seguridade e mobilidade na estrada de Reboreda e na PO-250 na converxencia coa rúa Xoan Manuel Pereira coa mellora de beirarrúas e a ampliación da vía .
A nivel medioambiental as demandas dos socialistas pasan polo soterramento da depuradora situada na Marisma “para a mellora da contorna así como para evitar os vertidos e malos cheiros nesta zona do casco urbano”. Esixen tamén a reparación e creación de novas redes de pluviais. Outra das demandas a Augas de Galicia é a limpeza e mellora das canles dos ríos Maceiras, Pexegueiro, Alvedosa, Pugariño e Fondón. “O mal estado destas canles fluviais provoca risco de desbordamentos que poderían afectar a vivendas”, advirte a secretaria xeral do PSdG no municipio.
A Xunta consigna 670 millóns para os Concellos e “0” para Redondela
O Goberno galego dixo onte que “reafirma o seu compromiso coas entidades locais” cunha partida duns 670 millóns de euros para financiar aos Concellos. “Pois lamentablemente o seu compromiso con Redondela é “0”, igual que nos últimos 6 anos, desde que son alcaldesa”, afirma Digna Rivas. Nas contas de 2026 da Xunta si aparecen importantes sumas para outros municipios, máis pequenos que Redondela “e curiosamente gobernados polo PP”. É o caso de Baiona, con 700.000 euros, O Porriño con 370.000 euros, Sanxenxo con case 1,3 millóns ou Lalín con preto de 6 millóns.