Os senadores do PP de Pontevedra lamentan que preto de 5 meses despois do descarrrilamento do tren nas Neves o Goberno central recoñeza que a investigación aínda se atopa en fase de inicio

Redacción
Lectura mínima de 3
  • Os senadores solicitaron información sobre o descarrilamento dun tren de mercadorías o sábado 15 de novembro á saída da estación das Neves, no que resultou ferido o maquinista e houbo graves danos na infraestrutura resultando afectada a circulación ferroviaria entre Vigo Guixar e Ourense que estivo pechada ata o 3 de decembro.
  • Pepa Pardo solicitou resposta urxente a todas e cada unhas das preguntas formuladas. “A resposta do Goberno e o que contestaron é unha autentica vergoña e un desprezo absoluto cara a seguridade os usuarios e traballadores da liña”, indicou

Os senadores do PP de Pontevedra, Pepa Pardo, Nidia Arévalo e José Crespo, lamentan que preto de 5 meses despois do descarrrilamento do tren de mercadorías en As Neves o Goberno central recoñeza que a investigación aínda se atopa en fase de inicio.

Pepa Pardo explicou que os senadores pontevedreses rexistraron varias preguntas ao Goberno sobre descarrilamento dun tren de mercadorías o sábado 15 de novembro á saída da estación das Neves, no que resultou ferido o maquinista, no que se ocasionaron graves danos na infraestrutura e resultou afectada a circulación ferroviaria entre Vigo Guixar e Ourense que quedou pechada ata o mércores 3 de decembro.

En resposta ás devanditas preguntas, segundo explicou a senadora popular. “O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible remitiu a iniciativa de referencia á Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF),  que contestou o seguinte, cando tiña contestado por escrito, que a causa máis probable da incidencia un desprendemento de terras orixinado por condicións meteorolóxicas adversas.

Agora contestan isto, o que é vergoñento: “En relación con outras posibles causas do descarrilamento, indicar que a investigación deste suceso por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios atópase en fase de inicio, polo que están abertas todas as posibles hipótese.  

Tras estudar a información inicial, acordouse esperar a dispoñer dunha valoración dos danos causados, para decidir se o suceso debía ser obxecto de investigación que, segundo ADIF, superan os 2 millóns de euros.

Comparte este artigo