Home Pontevedra A Paradanta I Changa de Nadal en Arbo

I Changa de Nadal en Arbo

- Anuncio -
  • Concello de Arbo aposta  por unha alternativa de lecer deportiva xuvenil durante as festas do Nadal.
  • O sábado 28 de decembro a partires das 10:00horas no Pavillón Polideportivo de Arbo.

O Concello de Arbo organiza  a primeira edición do Torneo de Fútbol sala para mozos e mozas durante as festas de Nadal, como unha alternativa de lecer xuvenil.

Así, o 28 de decembro a partires das 10:00horas,  terá lugar no Pavillón Polideportivo de Arbo a competición amigable dirixida a mozas.

As inscricións xa están en marcha e os entusiastas do fútbol sala teñen a oportunidade de formar parte desta experiencia única. Para asegurar un lugar na competición, os interesados poden inscribirse ata o 24 de decembro ás 23:59 horas, chamando aos teléfonos 604 04 81 29 (Mateo), 687 12 25 30 (Aitor) ou 639 82 94 45 ( Concelleiro de Deportes do Concello de Arbo).

Os participantes  de cada equipo deberán achegar dous euros antes do inicio do primeiro partido en concepto de inscrición, sendo 6 o número de xogadores por cada equipo.

Os premios consistirán ademáis dos agasallos en metálico, en cestas de nadal con productos do comercio local.  O sorteo de equipos e grupos terá lugar o 26 de decembro.

Organizado polo Concello da localidade  de Arbo, este evento promete ser un destacado punto de encontro para amantes do deporte e a competición nestas datas festivas de Navida e desde o Consistorio animan a participar a todos e todas as deportistas que queiran pasar un día disfrutando do Fútbol Sala en compañía de amigos e amigas.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas