- A concelleira popular Pepa Pardo pídelle a Lores e Villaverde que abandonen o seu negacionismo e melloren as condicións para atraer e reter axentes.
- “É unha vergonza que non se recibise nin unha soa candidatura” o que demostra que o trato humano do Goberno Municipal ao seu corpo de Policía non é o correcto, como viña denunciando o Partido Popular
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra, Pepa Pardo, pon hoxe voz ao que xa é un segredo a voces na cidade do Lérez: “Pontevedra non é un destino atractivo para a Policía Local e a culpa deste feito e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e da concelleira de Protección Cidadá, Eva Villaverde”.
O Boletín Oficial da Provincia recollía onte a resolución da concellería responsable da área de servizos non territorializados na que se declaraba deserta a convocatoria do proceso de provisión por mobilidade dun posto de inspector/a principal, incluída na OEP do ano 2026, ao non achegarse en tempo e prazo solicitude ningunha de participación ao mesmo proceso de provisión.
Para Pardo, esta resolución é a proba de que “o BNG de Lores xa non pode negar a evidencia: Pontevedra non é un destino atractivo para a Policía Local. Así quedou demostrado onte ao coñecerse que a praza de inspector principal da Policía Local de Pontevedra non recibiu nin unha soa candidatura. É unha vergonza”.
A concelleira do Partido Popular pídelle ao alcalde de Pontevedra e a concelleira responsable da área de seguridade cidadá, Eva Villaverde, “que rectifiquen no seu comportamento cara a Policía e que melloren tanto as condicións laborais como o trato humando para que os axentes non só queiran vir para o corpo de Pontevedra, senón que tamén se interesen por él para promocionar e para quedarse”.
Para Pardo é moi importante que a Policía Local de Pontevedra poida atraer e reter o talento entre os seus axentes. “Non só podemos ser noticia porque a vacante do inspector principal quede vacante. Por iso lle esixo a Lores e a Villaverde que abandonen o negacionismo no que están instalados e que traballen para mellorar as condicións do corpo da Policía Local de Pontevedra, poñendo fin dunha vez por todas á continua fuga de policías e devónvendolle ao Corpo da Policía Local de Pontevedra a dignidade que se merece.
Pardo, sen embargo, non se extraña deste tipo de actitudes amosadas dende o Goberno Local posto que en numerosas ocasións a edil responsable de seguridade cidadá menosprezou abertamente aos corpos de seguridade. O pasado ano, Villaverde tachou de “chiringuito” a proposta de creación dun consello de seguridade que solicitou o Partido Popular.
Fai apenas unha semana no Pleno da Corporación Muncipal, a mesma concelleira nacionalista calificou de “mamporreros” aos axentes das unidades especializadas das forzas de seguridade logo da proposta do Partido Popular para a creación dunha unidade especializada dentro da Policía Local de Pontevedra. Pardo segue á espera de que Villaverde pida perdón á Policía polas súas descalificacións.
A concelleira popular rematou amosando “todo o meu apoio, o do meu grupo municipal e o do meu partido” á Policía Local de Pontevedra e a todos os membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

