Pechada ao tráfico a rúa Estación de Chapela para obras de sinalización

adminON
Lectura mínima de 1

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade pechará ao tráfico a rúa Estación, en Chapela, para proceder ao marcado das prazas de estacionamento. O peche será desde o luns, día 15 de abril, ás 8.00 horas ata o mércores, día 17 de abril ás 8.00 horas. Desde o departamento que dirixe Roberto Villar explican que na xornada do luns procederase á limpeza da rúa, e o martes realizaranse os traballos de sinalización e pintado da zona de carga e descarga e a delimitación das prazas de aparcadoiro. Si se permitirá o paso aos usuarios dos garaxes, malia que desde o departamento solicitan que o tránsito por esta rúa sexa “o mínimo e indispensable” para facilitar os traballos. Villar lamenta as molestias que este peche poida ocasionar durante os dous días que durarán os traballos, e sinala que son moi necesarios para facilitar o traballo dos camións de recollida do lixo “que nestes momentos debido a como estacionan algúns vehículos teñen problemas para acceder aos colectores”.

Comparte este artigo