• A pontevedresa afirma que este é un momento “insólito na historia da Democracia” porque o PSOE redactou “unha lei ao ditado dos delincuentes”
• A senadora asume a portavocía adxunta con “toda a responsabilidade, porque é unha verdadeira honra defender a igualdade de todos os españois”
En nome da familia do grupo municipal do Partido Popular, o presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, felicitou á concelleira e senadora Pepa Pardo tras a súa designación na Cámara Alta como portavoz adxunta na constitución da Comisión conxunta de Xustiza e Constitucional do Senado.
Antonio Silván foi elixido portavoz do Grupo Popular nesta Comisión conxunta, que contará con dúas portavocías adxuntas: a da pontevedresa Pepa Pardo, portavoz de Xustiza, e a de Miquel Xerez, portavoz de Constitucional.
O senador Silván resaltou que “teremos por diante sesións onde poder entrar no debate da Lei de Amnistía”, ao mesmo tempo que destacou que “esta Comisión non debería constituírse porque é evidente que esta lei non debería chegar ao Senado, xa que se trata dunha reforma constitucional encuberta”.
Neste sentido, Pardo incidiu en que se vai a tramitar a proposición da “infame e indigna” Lei Orgánica de Amnistía que ten o obxectivo final de dotar de “impunidade aos delincuentes a cambio de poder”.
Un momento “insólito na historia da Democracia española” porque, desde o Goberno socialista de Pedro Sánchez, redactouse unha lei “ao ditado dos seus socios independentistas e dos delincuentes, que no PP non podemos consentir”, engadiu.
Por tanto, a pontevedresa asume a portavocía adxunta con “toda a responsabilidade porque é unha verdadeira honra, e un orgullo para min, defender a igualdade de todos os españois”.

