Free Porn
xbporn
Home A Paradanta A Cañiza Piña aproba os orzamentos para o 2023 cun ano de retraso, cos...

Piña aproba os orzamentos para o 2023 cun ano de retraso, cos informes en contra da Secretaría e Intervención municipal, coa única excusa de pagar un complemento salarial ao ex-edil de Ciudadanos

- Anuncio -

• Convoca un pleno Extraordinario Urxente, con menos de 24 horas de antelación e sen ningún tipo de xustificación real.


• Falsea o ingresos, dado que existe unha retención efectiva dende xullo de 2023, do 50% na Participación de Tributos do Estado que Piña oculta.


• Aproba un complemento salarial de 6.300,00 € para o Exedil de ciudadanos que ademais de ilegal, rompe co principio de igualdade entre empregados públicos-

No día de onte, o goberno socialista do Concello da Cañiza, ven de aprobar os orzamentos para o ano 2023 nun pleno Extraordinario Urxente.

Pilar Vicente Iglesias, que onte exerceu de voceira popular, argumenta que a urxencia do Pleno non está xustificada, xa que o goberno tivo tempo de sobra para aprobar os orzamentos deste ano sen ter que esperar ao último momento, cuestión que ratifica o Informe da Intervención Municipal que di que “carecen de toda lóxica xa que o ano está a piques de rematar” e que “se terían que aprobar uns orzamentos para o 2024 que entrasen en vigor a 1 de xaneiro.” Tamén se explica no informe que “se incumpre o principio de estabilidade orzamentaria e que se manteñen as anomalías dos presupostos anteriores”.

Piña falsea os datos dos ingresos municipais, sendo isto moi grave, dado que, e segundo o informe da intervención municipal, existe unha retención efectiva dende xullo de 2023, do 50% na Participación de Tributos do Estado, polo que a previsión de ingresos neste capítulo estaría incorrecto, dado que hai que consignar concretamente a metade dende xullo a decembro de 2023 dos ingresos efectivo por PTE.

Vicente afirma que o alcalde ten que recorrer a un pleno urxente para aprobar uns orzamentos co único obxectivo de legalizar un complemento salarial para reforzar a área de turismo (que non ten nin concelleiro designado), que ascende a 6.300,00 €. Este complemento aprobado de maneira ilegal (Informe da Intervención Municipal), está creando un gran malestar entre os empregados municipais, e segundo lle consta o Partido Popular, vai destinado ao que foi edil de ciudadanos no anterior mandato e facilitou a alcaldía a Piña no 2019.

A popular Pilar Vicente, fixo constar en acta que desde o seu grupo e por todo o referido anteriormente, recorrerán ao Xulgado a aprobación destes orzamentos ilegais.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas