Pingas de teatro para celebrar o 29 aniversario de Fontevella

adminON
Lectura mínima de 1

• A función será o sábado 2 de marzo no Centro Cultural Municipal e dará comezo ás 20:00 h. A entrada é libre e de balde ata completar prazas.

A compañía Fontevella Teatro representará 5 obras de microteatro baixo o título de “Pingas”.
Abrirá Adriano Campos con “A vida é puro teatro”; seguirán Susana Leiro, Marisa Sueiro e Enrique González con “Que amor nin que amor…a conta bancaria!”; : Valentina Boullosa, José Melón e Susana Leiro con “Eva ou Eva?”; Balbi Rodríguez e Marisa Sueiro con “Uff…unha experiencia relixiosa” e rematarán Amparo Tellado, Adriano Campos e Daniel Comesaña con “Ela casou cun vello”.
A función será no Centro Cultural Municipal e dará comezo ás 20:00 h. A entrada é libre e de balde ata completar prazas.

Comparte este artigo