A concellería de Seguridade do Concello de Ponteareas deu a benvida ao novo axente da Policía Local de Ponteareas que tomou posesión da súa praza no salón de plenos do Concello tras superar o período de prácticas.
Segundo explica o tenente de alcaldesa e concelleiro de Seguridade, Juan Carlos Carrera, na actualidade a unidade da Policía Local conta con esta nova incorporación con quince policías e un policía en práctica, un oficial e unha oficial xefa da Policía Local. Juan Carlos Carrera salienta o importante traballo que realizan os axentes da Policía Local contribuíndo xunto coa Garda Civil a dar seguridade cidadá no día a día e tamén no desenvolvemento de eventos e actividades ademais de apoiar o cumprimento das normativas para unha boa convivencia.