Será o mércores, 20 de marzo, no Teatro Principal entre as 10 e as 14 horas.
Nel participará Valentina Corsetti, responsable de cuestións urbanas e territoriais da Comisión Europea, ademais doutros técnicos dos ministerios de Mobilidade e Axenda Urbana, Facenda, e a presidenta da Unión Internacional de Arquitectos, Teresa Táboas
O Concello de Pontevedra celebrará o vindeiro 20 de marzo o I Foro local da Axenda Urbana buscando ser un espazo e punto de encontro do futuro do desenvolvemento urbano, onde se vai abordar a relación entre a Axenda Urbana e a planificación territorial urbana e como, ambas esferas, poden complementarse para garantir o dereito da cidadanía a desfrutar dun entorno ben organizado, inclusivo, seguro, resiliente e sostible. É importante dispoñer dunha adecuada planificación territorial e urbana para garantir a sustentabilidade.
O encontro será o vindeiro mércores de 10 a 14 horas no Teatro Principal.
Neste foro participarán poñentes de primeiro nivel no ámbito das políticas públicas, planificación territorial e desenvolvemento urbano. Porá en común as actuacións que se están levando a cabo noutras entidades a nivel local e estatal, e compartir experiencias e boas prácticas que poidan contribuír e dar continuidade ós obxectivos dos Plans de acción da Axenda Urbana.
Programa
10:00 – 10:15 horas. Inauguración do Foro Plan de Acción Local Axenda Urbana Pontevedra. Retos e obxectivos para os próximos anos
Miguel Anxo Fernández Lores Alcalde do Concello de Pontevedra
10:15 – 11:00 horas. O futuro das Axendas Urbanas Locais
Sonia Hernández Partal Subdirectora adxunta de Políticas Urbanas no Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
11:00 – 11:45 horas. A vinculación das Axendas Urbanas cos Fondos estruturais: o futuro do Desenvolvemento Urbano Sostible
Luis Pedro Arechederra Calderón Conselleiro técnico da Subdirección Xeral de Desenvolvemento Urbano no Ministerio de Facenda
11:45 – 12:10 horas. Café
12:15 – 12:30 horas. Perspectiva do desenvolvemento urbano no novo marco
Valentina Corsetti Responsable de cuestións urbanas e territoriais. Unidade España e Portugal. Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea
12:30 – 13:45 horas. Mesa de participación sobre cidades sostibles
Adolfo Neira Lamas. Socio consultor EOSA CONSULTORES. Asistencia técnica do plan de acción local da Axenda Urbana de Pontevedra
• Innovación tecnolóxica para a transición cara a cidades climaticamente neutras Patricia Molina Costa. Doutora en Urbanismo e Arquitecta. Directora da área Cidades, Territorio e Medio Ambiente. Tecnalia
• A intersección da Axenda Urbana co territorio Teresa Táboas. Arquitecta e vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos UIA
13:45 horas. Clausura do Foro
Anabel Gulías Torreiro Concelleira da Área de Promoción da Igualdade, do Benestar, da Saúde e da Economía do Concello Pontevedra

