Home Pontevedra As conas do concello para 2024 impulsan a reforma dos parques do...

As conas do concello para 2024 impulsan a reforma dos parques do Canabal e de Riomaior

- Anuncio -

O capítulo de investimentos inclúe unha partida de 60.000 euros para a reforma do pavillón do CPI Toural e 30.000 para a mellora das escolas infantís

O reasfaltado de pistas, a extensión da rede de saneamento, a reforma dos parques, as melloras das escolas infantís e do pavillón do CPI O Toural así como a adquisición do mobiliario para o centro social de O Picho absorben a maior parte do 1.114.841 euros que o goberno local ten previstos para investimentos durante este ano 2024.

A recén aprobada modificación de crédito permitirá ao goberno de César Poza darlle un importante pulo ao parque do Canaval, en Figueirido, no que ao longo deste exercicio se dotará dunha pista multidisciplinaria (82.819 euros) e se contratará tamén unha terceira fase desta remodelación global coa habilitación dun espazo ordenado para o estacionamento de vehículos e a construcción dun auditorio (224.904 euros).

A modificación puntual garante investimentos tamén no reasfaltado de pistas en Croas e Sabaxáns (43.000 euros); a extensión da rede de saneamento en Acuña (218.751 euros), na Cardiña (136.403 euros) e en Amproa (115.000 euros), dándolle continuidade a proxectos iniciados o pasado ano.

Unha partida de 15.553 euros para a adquisición do mobiliario necesario para a posta en marcha do centro social para o día a día dos maiores en O Picho completan os 836.841 euros de remanente de tesourería aprobados na modificación de crédito.

O orzamento para este ano recolle tamén un investimento importante na mellora de infraestruturas utilizadas a diario pola poboación infantil, destacando sobre todo a partida de 60.000 euros para a mellora do pavillón deportivo do Toural ou os 30.000 euros para acometer obras de reparación nas escolas infantís do municipio. Nesta mesma liña se enmarca a dotación de 10.000 euros para afrontar unha reforma integral do parque infantil de Riomaior.

Unha partida de 20.000 euros para saneamento; 35.000 euros para acondicionar o miradoiro do Monte do Cabalo; 25.000 para a recuperación do muiño do Toxal no río do Gafos; 10.000 para melloras en diferentes infraestruturas e 5.000 para adquisición de mobiliario urbano completan a partida de 278.000 euros para investimentos recollida nos orzamentos de 2024; unhas contas que este ano están condicionadas pola inminente saída a licitación do novo contrato do lixo que rexistrará o impacto da actual inflación económica, que tamén se deixará notar no costo do Servizo de Atención no Fogar (SAF) que Concello e usuarios soportan nun 40%.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas